O concelleiro responsable da área de tributos do PP, Fernando Meis, pregúntase pola sorte do paquete de medidas anti-crise anunciadas en xaneiro polo alcalde, “despois de rexeitar en novembro a nosa proposta”, e asegura que espera desde aquela a chamada do executivo. O propio Meis presentaba a mediados de novembro unha moción na que instaba ao Concello a introducir diversas bonificacións en todas as taxas e impostos de competencia municipal, e modificar ordenanzas de plusvalías, lixos e augas, para paliar os efectos da crise nos sectores máis desfavorecidos, como familias numerosas, con membros incapacitados para o traballo ou dependientes, ou con minusvalías.
O concelleiro do Partido Popular cre que a dramática evolución das taxas de desemprego - “e estamos á cabeza no Salnés”- xustifica agora aínda máis esta medida, que quedou pendente, a pesar dun intento inicial do goberno de consensuar medidas neste sentido, para o que Meis asegurou que se ofreceu a dialogar “ata durante as festas de Nadal”.
Ademais, o alcalde da localidade, José Antonio Cacabelos, anunciaba o 14 de xaneiro que encargara dos servizos de Intervención económica un estudo sobre a posibilidade de ofrecer reducións ou deducións nas taxas e tributos municipais para os veciños e familias con dificultades económicas, como recurso transitorio e excepcional, vixente durante este ano.
Sen embargo, Meis lamenta que “sigamos sen saber nada, mentres discuten tonterías nas mocións, en vez de preocuparse polos problemas reais, e serios, dos veciños do Grove”, e lembra que xa pasou un pleno ordinario sen que se rexistrase ningunha proposta. En todo caso, o edil popular cre que o espírito do cuatripartito quedou patente en intervencións “nas que nos dixeron que eles teñen a maioría e que non teñen que pactar nada con nós”.
Os beneficiados desta proposta, segundo o xa esbozado polo rexidor, serían fundamentalmente os desempregados de longa duración, ou aquelas familias que non poidan garantir un mínimo de ingresos, que ben dependan dunha pensión ou que atravesen outras conxunturas difíciles, pero sempre con carácter transitorio
Nova publicada en http://www.diariodearousa.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario