miércoles, 4 de febrero de 2009

Exercicio do dereito de fiscalización

Non entendemos a idea que ten o Sr. Cacabelos da palabra “Democracia” pero creemos que non o ten moi claro. A democracia inclúe o exercicio de seguimento e fiscalización por parte da oposición dos actos de Goberno, por iso non deixa de sorprendernos o tono chulesco e prepotente que adopta ó referirse a nós como agrupación política na oposición. Entendemos que lles moleste porque teñen bastantes cousas polas que ser criticados como Goberno, pero non entendemos que unha persoa que é alcalde e representa ao pobo do Grove utilice ese tono tan pouco respectuoso para referirse a uns representantes dos veciños.

En canto ao reparto das subvencións a nosa agrupación quere deixar claro, e ben claro, que criticamos totalmente a concesión dada por falta de información e por estar mal elaboradas as bases. As bases non se referían en ningún momento á concesión económica para material, en cambio, algunhas asociacións estaban informadas de que debían de solicitar cartos para material e outras non. Iso quere dicir que de viva voz por parte de alguén, se enteraron de que ía a entrar o material dentro do subvencionable, e outras non se enteraron de nada. Se iso non é amiguismo, non entendemos como se podería definir. E as administracións teñen que ser imparciais coas ideoloxías políticas, amigos e parentes.
Por outro lado, criticámo-las formas, xa que en ningún momento se convocou ás asociacións, nin se reuniron cos seus representantes, nin se convocou tampouco o Consello Local de Cultura, senón que se optou polo mailing para enviar por escrito as bases e por dar avisos aos que a eles lles interesou.

Por outro lado, dicirllo ao Sr. Mascato que xa está ben coa súa Guerra das Relixións e que teña máis respecto polos fieis e crentes xa que aínda que a el non lle gusten son unha parte importante da cidadanía, e ademais as relixións fan unha labor destacable na ensinanza de valores e en tarefas humanitarias alí onde non quere estar ninguén, así que, pedímoslle respecto para todos eles. Aínda que no nos sorprende porque vostede é un adorador de todo o alleo e aquilo que non ten nada que ver coas nosas tradicións, igual que prefire un mojito a unha copa de albariño, e capaz vostede de subvencionar a celebración dunha relixión non representada no Grove antes que axudar á Comisión de Festas .
E recordarlle ademais que o noso partido cando estivo no Goberno nunca subvencionou actos relixiosos en se mesmos, senón que o que subvencionamos foron actos relacionados coas Festas, subvencionamos así á Comisión de Festas, implicando así aos veciños, namentres que vostede o que fixo foi facer actos paralelos á Comisión de Festas para intentar quitarlle o poder de convocatoria, aínda que non o conseguiu porque é unha forte tradición no noso pobo. Vostede subvencionou o que lle dou a gaña sen ter en conta as inquietudes e desexos dos veciños deste pobo, e por iso, é un Concelleiro de Cultura idóneo para a Memoria Histórica e para vostede mesmo, pero si se mirara o ombligo, se daría de conta de que é totalmente inidóneo para o pobo do Grove.

No hay comentarios: