viernes, 20 de febrero de 2009

Novas Xeracións de Galicia denuncia a “cara” de Touriño ao presentarse coma o garante da investigación en Galicia

Novas Xeracións de Galicia denuncia a “cara” de Touriño ao presentarse coma o garante da investigación en Galicia

Santiago, 20 de febreiro de 2009

Novas Xeracións de Galicia, a través da súa presidenta, María Seoane, denuncia o abandono que sufriron os mozos investigadores nestes catro anos de Bipartito.

Neste sentido, Seoane asegura que Touriño volve a enganar á sociedade galega ao dicir que adquire o compromiso de promover 2.000 contratos de formación para investigadores mozos e duplicar a contía das bolsas do programa, ‘cando a realidade é que no período 2006-2008, as bolsas de nova adxudicación para a realización de estudios de terceiro ciclo caeu en case un 40%, é dicir de 130 a tan só a 80’.

Novas Xeracións lembra que, mentres os novos investigadores sofren esta baixada no número de becas que, ademais de obrigar aos xóvenes a saír fora de Galicia para realizar a súa carreira investigadora son dunha contía moi baixa -menos de 700€ mensuais-, os membros do Bipartito repártense os cartos adicados á investigación.

‘Touriño –di- aínda non se desculpou cos investigadores galegos por ter distribuído, durante a lexislatura que remata, as axudas autonómicas de I+D+i con total discrecionalidade, o que o levou a primar a amigos e familiares, como sucedeu coas subvencións de 618.000 euros outorgadas polo bipartito ao marido da conselleira de Educación (408.000€ concedidos directamente por Sánchez Piñón), co beneplácito do presidente da Xunta, para financiar proxectos de investigación’.
A conselleira de Educación de Touriño asinou tamén dúas axudas de investigación á esposa dun dos seus directores xerais, (o director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia), por un importe de 244.000€, que coas prórrogas chegaron a un total de 454.000€.

No hay comentarios: