O portavoz do Partido Popular do Grove, Miguel Pérez, asegurou onte que o alcalde debería “dar explicacións inmediatas” sobre os acordos suscritos coa alcaldesa de Felgueiras, ao coñecerse que fora condenada en Portugal por abuso de poder, e enxuizada por cargos de corrupción. O líder do PP no Grove, Miguel Ángel Pérez, asegurou onte sentirse “moi sorprendido” ante a que foi a noticia do día na localidade, a recepción efectuada polo alcalde a unha alcaldesa portuguesa, Fátima Felgueiras, condenada por abuso de poder e aínda pendente de xuízo por corrupción, que fora anos atrás expulsada do Partido Socialista e que chegara a fugarse a Brasil para evadirse da xustiza.
“Ante este currículum”, asegurou Pérez, “podemos dicir que o asunto é, cando menos, escandaloso, e non parece que esta sexa a embaixadora máis idónea para O Grove, que é do que se trata”.
Ademais, o portavoz popular lembrou que a Festa do Marisco xa fora presentada en Felgueiras, municipio rexido por esta alcaldesa ao mando dunha agrupación independente, e que a política portuguesa xa estivera no Grove para inaugurar este evento en outubro pasado, “aínda sen coñecer esta situación”.
Así, Pérez manifestou as súas dúbidas sobre os acordos adoptados antonte entre ambos municipios, por medio dos seus máximos responsables, asegurando que “non parece que sexa a mellor correa de tranmisión das nosas virtudes en Portugal”.
Así, o PP realizará unha valoración demorada do acontecido para presentar algún tipo de iniciativa que obrigue ao alcalde a dar conta destas xestións e dos criterios escollidos na elección deste municipio en concreto.
Entre outros asuntos, ambos municipios acordaron colaborar en actos de promoción conxunta, que xirarían en torno ao marisco e o viño verde, coa posibilidade aberta de organizar un encontro gastronómico de exaltación destes productos. Ademais, os representantes de Felgueiras amosaron especial interese en retornar á Festa do Marisco neste ano.

Nova publicada en http://www.diariodearousa.com/hoy/grove/grove002.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario