O portavoz do PP cualifica de “incrible” o empeño do concelleiro “en cargarse o Monte Central da Toxa, que antes era para él intocable” e bota en falta un pronunciamento por parte de Amigos do Parque da Toxa
O Grove, 24 de xaneiro de 2009.- “As esixencias de Mascato ao cuatripartito en relación co Auditorio demostran que o do Grove é un Goberno de coña”. Esta é a conclusión que o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello do Grove, Miguel Ángel Pérez, extrae das recentes declaracións feitas públicas polo concelleiro de Cultura, Antón Mascato, quen esixía ao Goberno local solucións para o Auditorio e criticaba que non se estea a facer nada ao respecto.
“Resulta traxicómico que un membro dun goberno o critique deste xeito”, apunta Pérez, para quen “o máis grotesco é que acuse de non facer nada e esixa solucións sobre un tema ao goberno no que el é precisamente o responsable dese tema”. As declaracións de Mascato “que non é a primeira vez que se pronuncia así”, demostran que “o de que o cuatripartito vive inmerso no desencontro e na falta de entendemento non é un invento do Partido Popular”.
Doutra banda, o portavoz do PP cualifica de “incrible” o empeño do concelleiro “en cargarse o Monte Central da Toxa, que antes era para el intocable” e bota en falta un pronunciamento por parte de Amigos do Parque da Toxa. “Gustaríanos saber onde están agora eses amigos que tanto que se manifestaron en defensa desa parcela e que sen embargo permañecen caladiños cando o concelleiro que encabezaba esa defensa, e se escandalizaba ante a posibilidade de ampliar o campo de golf, pretende agora construír nela unha instalación do volume e servizos que supón un auditorio”

No hay comentarios:
Publicar un comentario