jueves, 15 de enero de 2009

O PARTIDO POPULAR DO GROVE PROPÓN REMATAR O PAVILLÓN DAS BIZOCAS E AS OBRAS DE SANEAMENTO E CREAR PARQUES INFANTÍS E ZONAS OCIO COS FONDOS ANTICRISIS

Miguel Ángel Pérez lamenta que “a arrogancia do alcalde lle impida admitir achegas de ninguén” e que “pola súa terquedade o diálogo que tanto venden os socialistas sexa substituído na realidade pola imposición”
· O portavoz do PP salienta que estes fondos “son un engano máis de Zapatero”, xa que “non resolverán o problema do paro ao destinarse a obras para un só ano” e lembra que O Grove “é o concello no que máis emprego se destrúe da comarca”.

O Grove, 14 de xaneiro de 2009.- O Partido Popular do Grove propón que o Concello acometa a segunda fase do pavillón das Bizocas, remate as obras de mellora do saneamento, abastecemento e recollida de augas pluviais pendentes e cree parques infantís e zonas de ocio, entre outros suxerimentos, con cargo aos Fondos Estatais de Investimento Local, coñecidos como fondos “anticrise”.

O portavoz do Grupo municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, lembra que o Concello ten que presentar a finais deste mes ante o Goberno central os proxectos aos que decida destinar os ditos fondos e reitera a disposición do seu partido “a colaborar, a achegar ideas e a consensuar unha decisión que repercuta do xeito máis favorable posible no conxunto do municipio”. Sen embargo, “o costume deste alcalde que tanto presume de talante e diálogo é que as nosas propostas caian en saco roto pola súa chulería.

Miguel Ángel Pérez lamenta que “a arrogancia do alcalde lle impida admitir achegas de ninguén” e que “pola súa terquedade o diálogo que tanto venden os socialistas sexa substituído na realidade pola imposición”. As únicas achegas que acepta, “porque non lle queda máis remedio”, son as dos concelleiros “que fan posible a suma necesaria para que él goberné”, aínda que, mesmo nese caso, “as máis das veces non se entenden sequera entre eles e parece que traballen para empresas distintas, tal como eles mesmos recoñecen”.

FALTA DE CAPACIDADE DOS SOCIALISTAS PARA GOBERNAR

O portavoz do PP salienta que estes fondos “son un engano máis de Zapatero”, xa que “non resolverán o problema do paro ao destinarse a obras para un só ano”, de forma que, despois do vindeiro decembro, “todo o mundo ao paro novamente” e lembra que O Grove “é o concello no que máis emprego se destrúe da comarca”. Esta iniciariva, engade, é “unha mostra da falta de capacidade que teñen os socialistas para gobernar, que primeiro ocultan os problemas e despois se limitan a aplicar parches e solución ficticias que non son máis que pan para hoxe e fame para mañá”. Así mesmo, subliña que os fondos tampouco “resolverán o financiamento dos concellos, xa que se trata dun ingreso extraordinario” mentres se continúa a cargar ás administracións locais “con servizos que lle corresponden ao Goberno central”.

Sen embargo, “son uns recursos que hai que aproveitar do xeito que máis beneficie aos grovenses”, o que levou ao PP a solicitar unha xuntanza dos portavoces dos partidos presentes na Corporación “para que ese aproveitamento fora consensuado e escoitando as achegas de todos”, algo que “a actitude totalitaria do alcalde e a súa indiferenza ante os temas importantes para O Grove” impediu.

OBRAS CONCRETAS

As propostas do PP para o destino dos fondos concrétanse, en materia de augas, na continuidade do saneamento, abastecemento e rede de pluviais desde Praza de Arriba cara o cruce principal, Luis A. Mestre ata o alto de Borreiros (coas conexión adxacentes); desde a confluencia das rúas Alexandre Bóveda e Rosalía de Castro cara á rúa da Igrexa e a súa conexión na estrada de San Vicente co saneamento de San Martiño; e desde a Praza do Cruceiro en Reboredo cara á praia de Mexilloeira; ademais do cambio do saneamento no último tramo da Rúa Tte. Domínguez desde Villa Rolendia ata a ponta da Toxa, co obxecto de gañar desnivel e rematar cos atascos e problemas da zona.

Doutra banda, e ademais da conclusión do Pavillón das Bizocas, o PP propón crear unha zona polideportiva na área de Virxe das Mareas, un parque infantil en Reboredo e unha zona de ocio e xogos para nenos cuberta. Outros suxerimentos son investir na mellora da rede de alumeado con criterios de aforro enerxético, na dotación de contenerización soterrada de residuos, a humanización do lugar do Bebedeiro de Balea e na adaptación das beirarrúas que o precisen para facelas accesibles.

“Hai moitas melloras pendentes no Grove”, salienta Pérez, quen lembra que, no caso do saneamento e o abastecemento de auga potable, “a dotación de novos servizos foi unha das grandes preocupacións do gobernó anterior, que instalou moitos quilómetros de tubería, pero restan aínda importantes tramos aos que poderían destinarse estes fondos adicionais”.

No hay comentarios: