miércoles, 14 de enero de 2009

De Leria polo Corgo


Fai uns días asistimos a dúas interesantes entrevistas no Faro de Vigo,onde alcalde e tenente de alcalde (do Grove) parecía que falaban de vilas distintas. É tal a descoordinación entre o cuatripartito, a falta de liderazgo do alcalde, a desidia e falta de proxecto común que fai que sucedan cousas como as que o propio alcalde dicía, "as veces, sorpréndenme as criticas dos meus compañeiros".
Por unha banda, o sr. Besada, relata unha man chea de cousas que di que fixeron (os do BNG) pero que non vemos por ningures e por outra o alcalde di, referíndose a esa parte do goberno "están colaborando algo".
Namentres, o único certo é o discurso deste, que segue a ser o mesmo do inicio do mandato (e xa vai ano e medio). Si a todo isto lle engadides as queixas do cultureta Mascato, días pasados queixándose da falta de apoio dos seus compañeiros, mete medo comprobar en mans de quen estamos. Como sempre a culpa de todo isto é da oposición.

No hay comentarios: