Miguel Ángel Pérez cualifica de “antidemocrático” o desprezo de Cacabelos pola oposición e a súa aversión ao diálogo
O Grove, 15 de xaneiro de 2009.- O Partido Popular do Grove ven de presentar no Rexistro do Concello unha solicitude para que se convoque de xeito urxente un Pleno Extraordinario ante a intransixencia do alcalde para debater propostas sobre o destino do Fondo Estatal do chamado Plan Anticrise.
No escrito, o PP lembra que o pasado mes de decembro solicitou unha xuntanza de portavoces para abordar os posibles proxectos aos que destinar o Fondo que o Estado puxo en marcha dentro das medidas impulsadas con motivo da crise económica. Sen embargo, pasado case un mes do rexistro desa petición este partido non obtivo resposta algunha á mesma, polo que decidiu solicitar unha sesión plenaria extraordinaria, na que o PP plantexará as súas propostas “co obxecto de consensuar cos demais grupos que forman a corporación o mellor documento posible de cara a solucionar algún dos problemas que o noso concello ten plantexados”. A urxencia ven dada polo feito de que se achega a data límite de presentación ante o Goberno central da proposta de obras a realizar.
O portavoz do Grupo municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, cualifica de “antidemocrático” o desprezo de Cacabelos pola oposición e a súa aversión ao diálogo. “Ante os nosos reiterados ofrecementos de colaboración e consenso, o alcalde demostra cada día unha nula capacidade democrática para debater os asuntos que interesan aos cidadáns do Grove”, afirma Pérez, para quen “negar a participación dos restantes grupos é propio doutros tempos e de políticos totalitarios”.
FALTA DE INFORMACIÓN
Así mesmo, Miguel Ángel Pérez considera inadmisible a falta de información por parte do Goberno local e salienta, nese sentido, que “as únicas noticias que coñecemos en relación con estes Fondos as temos a través dos medios de comunicación, como adoita ocorrer noutros tantos temas”.
O PP lamenta que no Grove “se teña retrocedido tanto en canto a vida democrática”, cun alcalde “que non quere contar con ninguén máis que, cando lle convén e non sen esforzo, cos partidos que lle garanten o cargo”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario