Os concelleiros integrantes do Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no artigo 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais, formulan para a sua discusión e no seu caso aprobación no Pleno Ordinario, a seguinte Moción Urxente,
Exposición de motivos.-
O pasado 24 de outubro publicouse o anuncio polo que se sometia a información pública o PLAN SECTORIAL GALEGO DE SOLO RESIDENCIAL co fin de por en marcha a construcción de vivenda protexida.
O concello de O Grove non aparece incluido en ningunha das areas funcionais deste Plan Sactorial.
Na última das areas prevista (donde aparecen mesturados concellos de toda Galicia entre os cales están tres de O Salnés) prevense 4.000 vivendas.
O obxetivo de dito Plan é obter co axilidade solo residencial para a construcción de vivenda protexida para atende-la demanda actual de forma inmediata, con independencia da situación na que se atope a redación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, no noso concello.
Cabe recordar, que no que vai de mandato non se deu un só paso para sacar adiante este documento de vital importancia para O Grove, e que no dia a dia estamonos a atopar con distintas problemáticas referidas a necesidade de solo para distintos equipamentos.
Este Plan Sectorial que chega o final da lexislatura e na que a Xunta de Galicia bipartita do PSOE e do BNG exclue a O Grove otorgandolle cero vivendas para os próximos dez anos i en cambio inclue a concellos con caracteristicas e número de habitantes similares a nós, como Sanxenxo, Cambados, Bueu, Baiona, Mos, etc. non pode pasar indiferente para os veciños de O Grove.
En vista, de que o noso goberno non da pasos para correxir esta situación, dende o Grupo Municipal Popular solicitamos, se tome o seguinte ACORDO,
1º Que se esixa a Conselleria de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, que inclua o concello de O Grove como destiño de construción de vivenda protexida dentro do Plan Sectorial Galego de Solo Residencial.
2º Que co obxeto de evitalos problemas xurdidos noutros concellos de Galicia, (que renunciaron inclusive o devandito Plan), consensuen co noso concello o lugar de ubicación das vivendas.
3º Que se de traslado deste acordo a Conselleria de Vivenda e Solo, a Presidencia da Xunta de Galicia e os tres Grupos Parlamentarios da Camara Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario