Miguel Ángel Pérez cualifica de “alucinante” a proposta de construílo no Monte Central da Toxa, parcela “que tanto defenderon de boquilla os nacionalistas”
O Grove, 9 de xaneiro de 2009.- O concelleiro de Cultura do Grove, Antón Mascato, dalle a razón ao Partido Popular admitindo a falta de unidade que existe no Goberno local coas súas declaración sobre o Auditorio feitas públicas onte. Para o portavoz do PP, Miguel Ángel Pérez, as queixas de Mascato pola falta de interese dos seus socios de goberno para lograr un auditorio para O Grove “confirma que, tal como o noso partido denunciou desde o inicio do actual mandato, neste Goberno cada un vai por libre e non existe un proxecto claro nin unha meta á que chegar, senón que cada formación, ou máis ben cada un dos seus membros, ten un obxectivo distinto”.
O peor, sen embargo, é que “algún deses membros do equipo de goberno non ten sequera obxectivos” polo que “sectores tan importantes da nosa economía como o turístico ou o de servizos están orfos dentro do Concello”. A falta de sintonía cos seus compañeiros da que se laia Mascato contrasta, doutra banda, “coas declaracións grandilocuentes que fixo reiteradamente en ocasións anteriores, nas que aseguraba que a coordinación e o apoio entre eles era perfecta e que o Auditorio estaba case que arranxado e sería unha realidade neste mandato”. Agora, engade Pérez, “resulta que nada de nada, e as culpas, coma sempre, son para os demais”.
POLÍTICOS SEN CRITERIO NIN CREDIBILIDADE
Por outro lado, Miguel Ángel Pérez cualifica de “alucinante” a proposta de construílo no Monte Central da Toxa, parcela “que tanto defenderon de boquilla os nacionalistas, aínda que nunca fixeron por el amáis que propaganda”. Despois de “portar sempre a bandeira da dignidade dos grovenses defendendo eses terreos e de rexeitar unha e outra vez a posibilidade de ampliar o campo de golf aludindo ao carácter sagrado dun lugar que era intocable, agora saen coa idea de construír nel un edificio de considerables dimensións con todos os servizos que implica”, entre eles un párking para centos de vehículos. “Nunca deixarán de sorprendernos as ocorrencias destes políticos que nin teñen criterio nin credibilidade e que hoxe defende unha cousa e mañá a contraria”.
O portavoz popular reitera a súa postura sobre a necesidade de contar urxentemente cun Plan Xeral “que dea resposta a todas esas necesidades”, para o que “unha vez máis, e van xa non sei cántas, ofrecemos o noso compromiso formal de apoiar incondicionalmente a súa elaboración”. A ese respecto, esixe que o alcalde “se poña a traballar para solventar ese e outros problemas que o noso concello ten plantexados e deixe de buscar desculpas, de argumentar o indefendible e de culpar de todo ao goberno anterior, que xa non está, senón que agora é él o responsable de xestionar os intereses do Grove”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario