viernes, 9 de enero de 2009

O COMITÉ DE DIRECCIÓN APROBA POR UNANIMIDADE A PROPOSTA PARA QUE FEIJÓO ENCABECE A LISTA POLA PROVINCIA DE PONTEVEDRA


O presidente do PPdeG estará complementado por excelentes candidatos en todas as provincias

- Con esta decisión, o PPdeG dá, así, o primeiro paso para a confección de candidaturas de cara aos vindeiros comicios, que terán lugar o 1 de marzo.

- Feijóo agradece a decisión e asegura, amais, que é unha honra para el encabezar o proxecto do seu partido para Galicia.

- O presidente do PPdeG estará complementado por excelentes candidatos en todas as provincias.

- Os cidadáns poderán visualizar na provincia de Pontevedra a competencia directa entre as dúas únicas persoas que teñen posibilidades reais de gobernar Galicia, o próximo 1 de marzo.

- A estratexia da precampaña e da campaña do PPdeG será a de mostrar un proxecto aos galegos, un proxecto do que careceron estes anos de Bipartito e estes meses de crise.

- A campaña do PPdeG será o seu proxecto.

- Queremos que os cidadáns saiban que no PPdeG teñen un Goberno unido, cun proxecto a desenvolver e cunha acción coordinada e estratéxica, disposto e preparado para gobernar o 2 de marzo.

- Un Goberno que non vai perder o tempo despois das elección en repartir Consellerías en base a unha negociación política, senón que desde o primeiro día vai poñer as súas Consellerías, a todo o Goberno, a traballar contra esta difícil situación.

No hay comentarios: