viernes, 21 de noviembre de 2008

A XUNTA ESQUECE AO GROVE NO SEU PLAN DE VIVENDA E O CUATRIPARTITO QUEDA TAN CONTENTO

O PP instará ao Goberno local a esixir á Xunta que inclúa o municipio nas previsións de construción de vivendas protexidas, poñendo terreos á súa disposición e sen acudir ás expropiacións como noutros concellos
O Grove, 20 de novembro de 2008.- A Xunta de Galicia esqueceu ao Grove no Plan Sectorial de Vivenda para o período 2009-2017 e o cuatripartito local queda tan contento “ante un agravio máis de quen teóricamente é o seu Goberno amigo”, segundo salienta o portavoz municipal do Partido Popular, Miguel Ángel Pérez.

A Consellería de Vivenda prevé, a través do devandito Plan, a construción de máis de 45.000 vivendas protexidas nun total de 57 concellos distribuídos en áreas funcionais, entre as que O Grove “non aparece por ningures, nin nas zonas consideradas máis dinámicas, nin nas áreas de transición, nin nas clasificadas como áreas funcionais con menor dinamismo”, apunta Pérez, para quen “unha vez máis, conxugáronse a pasividade do cuatripartito co desinterese do bipartito en detrimento dos intereses do Grove”.

“Está claro que con tantos gobernos partidos non imos a ningures e non xorden políticas e iniciativas xustas e eficaces”, indica o líder do PP grovense, quen subliña que o Plan de Vivenda da Xunta “non é, desde logo, unha mostra da mellor forma de facer as cousas, posto que prevé construír a costa dos dereitos dos cidadáns, por medio de expropiacións, e sen o suficiente diálogo cos concellos”. Sen embargo, “o Goberno do Grove debera ter traballado para que este municipio se tivera en conta á hora de planificar a construción de vivenda protexida e para negociar coa Consellería a súa ubicación”.

GANCHO ELECTORAL PARA ENGANAR AOS CIDADÁNS

Nese sentido, o PP instará ao Goberno local a esixir á Xunta que inclúa o municipio nas previsións de construción de vivendas protexidas, poñendo terreos á súa disposición e sen acudir ás expropiacións como noutros concellos. Miguel Ángel Pérez lembra que o tema da vivenda “foi unha das bandeiras máis ondeadas polos partidos que agora nos gobernan, pero xa se ve que aquelas promesas non foron máis que outro gancho electoral para enganar aos cidadáns, que, xusto agora en tempos de crise, ven cómo os seus gobernantes deixan escapar oportunidades”.

“Os grovenses non merecemos un Goberno que queda de brazos cruzados mentres se lle negan beneficios aos seus habitantes”, explica Pérez, quen entende que “a autocomplacencia do cuatripartito, que non ten peso entre os seus correlixionarios de Santiago, e a indiferencia do bipartito autonómico respecto a O Grove, está a castigar ao noso concello a un retraso inaceptable”.

No hay comentarios: