martes, 18 de noviembre de 2008

O GROVE DE OURO E AS CONTRADICIÓNS DO BNG

Fotografía procedente de www.todogrove.com

A pasada semana asistin á cea que os empresarios grovenses, a través da sua asociación, celebraron e na cal entregaron os galardóns "O Grove de Ouro e Prata" que soen recaer, o primeiro nalgunha personalidade ou institución que destacase polo apoio decidido a este sector e o segundo nalgún empresario asociado destacando a sua traxectoria.
Ademais diso ,constitúe este evento un punto de encontro e punto final á tempada de traballos, de promocións e de ilusións depositadas por parte dos dirixentes da asociación e serve para renovar compromisos i esforzos de cara á seguinte. Debemos felicitalos de maneira rotunda, pois este ano, nunha mostra mási do seu compromioso co Grove e os seus veciños, levaron a cabo unha novedosa programación da Festa de San Martiño que sorprendeu moi favorablemente a todos. Felicidades.
Ata aquí todo fenomenal, pero non poido pasar por alto a actitude dalgúns grupos politicos en paralelo a este asunto. O Grove de Ouro, nesta ocasión, foi para o conselleiro de Industria e Comercio, D.Fernando Blanco, que aceptou gustoso como unha proba de recoñecemento ao traballo do seu equipo (segundo as súas verbas). Así o agradeceu e con esa intención foi concedido polos empresarios grovenses.
Os que temos memoria recordamos hai pouco máis dun ano, a polémica, os atrancos e a actitude chantaxista que o alcalde i especialmente o grupo municipal do BNG tiveron con esta asociación a respecto destes galardóns. Calificaron de intolerable a decisión, presionaron ata o infinito e intentaron coartar a liberdade dos empresarios de instituír ese premio con ese nome.
Non hai moito tempo que volveron á carga co asunto para intentar facer de novo o mesmo que hai un ano.
Chama a atención, sen embargo, que outro membro do seu partido, o conselleiro do ramo, acepte o premio, o veña a recoller persoalmente e agradeza sinceiramente o mesmo recoñecendo o bo facer destes empresarios.
Debo decir que o goberno local estaba presente no acto de entrega, incluidos os concelleiros do BNG, Sr@s.Besada e Canoura que, xunto o Sr. Mascato e o alcalde, tanto se esforzaron en botalo abaixo dende o principio. Cousas veredes.

No hay comentarios: