miércoles, 12 de noviembre de 2008

Resposta a Alfredo Bea


Con esta nota quero saír ao paso das desafortunadas declaracións feitas polo Concelleiro Alfredo Bea.
En primeiro lugar, non podo permitir que faga un vulgar exercicio de demagoxia ao tratar de esconder as criticas cara á súa xestión detrás dos traballadores. É realmente patético que faga isto. Lembremos que en máis dunha ocasión, en resposta as nosas criticas, o propio Alcalde tivo que recoñecer que o traballo deste concelleiro estaba a ser deficitario. E non esquezamos que cobra un xeneroso salario por dedicarse tódolos días a elo. Recursos ten máis ca nunca pois as taxas son máis altas ca nunca e as partidas orzamentarias destinadas á limpeza pública son máis altas ca nunca. Aínda así, o servizo aos veciños non mellora.
En San Vicente, os contenedores do papel levan semanas a tope sen ser baleirados. Minte si di o contrario.
E el mesmo, ao tratar de privatizar o servizo de limpeza esta a recoñecerse incapaz de asumir esa tarefa. E mesmo as críticas que por elo se lle fan.
É o momento de que se digan certas verdades sobre este "señor": É unha autentica bomba de reloxería cargada de prepotencia e de egocentrismo, que non dubida en expoñer diante de todo aquel que osa levarlle a contraria, xa sexan veciños, membros da oposición, compañeiros de partido ou do equipo de goberno. Unha personaxe así esta moralmente incapacitado para exercer calquera cargo público. Este home sigue a vivir no podio do que xamais se baixou e dende alí mira aos demais con absoluto desprezo.
Debo recoñecer que me causou tristeza que un partido con sete concelleiros tivese que pasar á oposición, pero tamén recoñecerei que ter como compañeiro de goberno a semellante personaxe, faría imposible a convivencia diaria con tamaño ego. Só por iso me alegro de non gobernar a calquera prezo.
Quen se cree vostede que é para se dirixir a min en tales termos?
Teña presente que o meu labor ao fronte das concellerías tivo en diversos momentos mesmo o recoñecemento de compañeiros de corporación na oposición, tanto polas iniciativas que hoxe se manteñen, como servizos, como na relación persoal e no respecto cara a eles.
O goberno actual ten que sufrir todas os seus delirios de grandeza por non ter outro remedio, tal como se puido ver nos pasados orzamentos.
Non é capaz de aportar novas ideas de xestión. O único que fixo, e do cal nos sentimos orgullosos, é de que fixo súas e implantou iniciativas que o Partido popular propuxo, a pesar de que inicialmente as rexeitou e desprezou. Falamos das limpezas de solares, recollida a domicilio de cartón, de aceites orgánicos,....
E recorde Fredi, que exercer a función pública non é estar no salvaxe oeste polo que se pasea coa súa brillante estrela relucindo no peito, ou nin tan sequera unha memorable medalla conquerida a golpe de remo.
Os veciños, xa sexan do Grove ou de calquera outro pobo, agradecen a figura do político próximo, que lles fala de igual a igual e sempre con respecto. Non o que lle teñen que saudar en posición de firmes.
Si non é quen de velo, nas próximas eleccións sobraranlle dedos das mans para contalos votos. Eméndese a se mesmo.

Fernando M. Meis

No hay comentarios: