O líder do PP considera que as declaracións feitas o pasado martes por Cacabelos “son propias dun mal gobernante, que non fixo nada e agora quere botar as culpas a outros”
· “Que ano e medio despois de comprometerse a converter o noso municipio na locomotora do Salnés admita que non o conseguiu e dea un novo prazo para pasar das palabras aos feitos demostra que temos un Goberno que non gobernou e que enganou aos cidadáns”.
O Grove, 14 de novembro de 2008.- Tra-la preocupación amosada públicamente por José Antonio Cacabelos ante a paralización dos grandes proxectos que anunciou para O Grove na súa campaña das municipais, o portavoz do Partido Popular neste concello, Miguel Ángel Pérez, salienta que “o alcalde, finalmente, recoñece o fracaso da súa xestión e que a súa promesa de transformar O Grove quedou en nada”. Para Pérez, “ante a ausencia de iniciativas e de grandes obras, os problemas persistentes e os conflictos con veciños e sectores empresariais e sociais, o alcalde non tivo máis remedio que admitir a realidade do fracaso da súa actuación”.
O líder do PP considera que as declaracións feitas o pasado martes por Cacabelos “son propias dun mal gobernante, que non fixo nada e agora quere botar as culpas a outros”. Ante unha situación “que lle doe ter que recoñecer”, Cacabelos “xa non ten máis recurso que culpar ao noso partido da ausencia do PXOM”, unha acusación “tan falsa como infantil”, por canto “o anterio goberno local foi quen de avanzar na súa elaboración e foi o cuatripartito o que paralizou o documento, xa que o único paso que dou en relación con él foi despedir ao equipo redactor sen que, ata agora, teña plantexada unha alternativa”. Miguel Ángel Pérez lembra que o Plan Xeral de Ordenación Municipal foi unha das promesas estrelas do PSOE nas eleccións municipais do 2007, “unha das actuacións que consideraba máis urxente, pero xa se ve o concepto de urxencia que ten ese partido e o respecto polas súas propias promesas”.
DESINTERESE DA XUNTA
Pérez critica tamén que o bipartito da Xunta “fixera tantas promesas electorais e, sen embargo, agora non se ve por ningures a colaboración entre ámbolos gobernos teoricamente amigos”. Nese sentido, resalta que “o que si se ve é unha falta de interese por parte da Xunta cara este municipio e unha lentitude á hora de traer proxectos que se suma á do Goberno local, o que está a supór un grave retroceso para O Grove, que contrasta con tanto avance prometido”.
“Que ano e medio despois de comprometerse a converter o noso municipio na locomotora do Salnés admita que non o conseguiu e dea un novo prazo para pasar das palabras aos feitos demostra que temos un Goberno que non gobernou e que enganou aos cidadáns”. Pérez espera que “ese recoñecemento de fracaso por parte do alcalde sirva para facerlle reflexionar e poñerse as pilas”, de xeito que “non teñamos que esperar ás próximas eleccións municipais para escoitarlle outra vez que o seguinte mandato será o dos feitos e o do cumprimento dos compromisos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario