martes, 11 de noviembre de 2008

FEIJÓO PROPÓN UN PLAN DE AUSTERIDADE QUE MANTÉN O 100% DO GASTO SOCIAL E GAÑA 120 MILLÓNS DE EUROS PARA AS PEME’S, AS FAMILIAS E OS XOVENES

- Esta nova proposta xurde días despois do paquete de medidas fiscais presentado polo PPdeG para axudar ás familias que deben facer fronte aos gastos das hipotecas, para ofrecer rebaixas de impostos ás pequenas e medias empresas e para axudar aos autónomos a recuperar o IVE.
- A proposta de redución dos gastos burocráticos da Xunta xurde da preocupación que suscita a actual crise económica, ante a que non existen receitas máxicas, pero si é posible abordar medidas que busquen unha maior eficiencia na xestión dos recursos públicos, para dotar de maior credibilidade aos presupostos da Xunta de Galicia para 2009.
- A proposta constitúe un primeiro paso nunha estratexia encamiñada a reformar o funcionamento da Administración autonómica, eliminar os gastos superfluos e promover os investimentos e a creación de emprego.

A proposta de austeridade anunciada hoxe por Feijóo baséase nos seguintes piares:
PLAN DE AUSTERIDADE PRESUPOSTRIA DO PPdeG PARA 2009
Concepto............................................................................Importe/recorte
Redución do gasto en persoal eventual de ................................máis de 2 M€
Gabinete, situando estas partidas nos niveis
do ano 2005.
______________________________________________________________
Recorte xeral no capítulo I, tomando como referencia.........................41 M€
e dando por boa a liquidación do ano 2007,
actualizando este importe co IPC
______________________________________________________________
Recorte no capítulo II de bens correntes e servizos,..........................35,5 M€
desglosado de seguinte xeito:
- Alugamentos e canons: 2,5 M€
- Materiais e subministracións: 19,4 M€
- Redución dun 40% nas partidas destinadas a atencións protocolarias eo representativas, publicidade e propaganda, reunións, conferencias e cursos, cobertura informativa e estudos e traballos técnicos ata acadar 5,3 M€
- Redución de ata un 20% no gasto en telefonía ata 1,6 M€
- Publicacións e outros: 1,3 M€
- Indemnizacións por razón de servizo, edicións e distribución: 1,4 M€.
- Redución dun 20% no gasto en enerxía eléctrica: 4 M€
________________________________________________________________
Redución das transferencias correntes .............................................22,7 M€
(capítulo IV) ás axencias organismos autónomos, entes públicos e sociedades, co obxecto de limitar os gastos de explotación da Administración paralela.
________________________________________________________________
Supresión do fondo de continxencia (Cap. V) da .............................19,4 M€
Administración xeral
________________________________________________________________
TOTAL......................................................................................120,6 M€

No hay comentarios: