jueves, 27 de noviembre de 2008

O PP PROPÓN DESTINAR Á AMPLIACIÓN DA PRAIA DE CONFÍN A AREA EXTRAÍDA NOS DRAGADOS QUE SE ESTÁN A EXECUTAR NO PORTO DO GROVE E EN PORTO MELOXO

O Grove, 28 de novembro de 2008.- O Partido Popular plantexará unha proposta ao Goberno local dirixida a que se destine á ampliación da Praia de Confín a area extraída nos dragados que Portos de Galicia está a executar tanto no Porto do Grove coma en Porto Meloxo.

O concelleiro do PP Alexandre Aguín lembra que na etapa de goberno do seu partido rexenerouse a devandita praia, situada no casco urbano do Grove, no mesmo lugar no que existiu no pasado ata que desapareceu por mor da creación do paseo marítimo de beiramar. A recuperación dese espazo lúdico foi posible grazas ao aproveitamento da area lograda en dúas actuacións similares ás que se están a realizar actualmente nos portos. Con esa iniciativa, que tivo un custo moi baixo para o Concello, “dotamos ao municipio dunha praia que mesmo conseguiu a bandeira azul”, salienta Aguín, quen explica que, ademais, a piscina urbana que se construiu no mesmo lugar “foi moi ben acollida polos grovenses, especialmente os máis pequenos, que podían chapotear e xogar nela, en pleno casco urbano, con seguridade, o que supoñía unha gran tranquilidade para os pais”.
A pisicina foi eliminada ao pouco tempo de empezar a gobernar o cuatripartito, debido a un proxecto do Concello, que continuou rexenerando a praia con area procedente de Portugal, “a cal foi moi criticada polos usuarios pola súa mala calidade”. O PP entende que a area que se está a extraer estes días nos dragados do Porto do Grove para a instalación de novos pantaláns e de Porto Meloxo para gañar fondo e eliminar pedras das radas e que se está a descargar na praia-illote do Areoso, preto da Illa de Arousa, “sería idónea para continuar a rexeneración da praia de Confín e gañar espazo para o seu desfrute, posto que a súa calidade é mellor e o custo para o Concello, se se acada unha boa negociación, podería ser case nulo”

No hay comentarios: