O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xuridico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte,
Exposición de motivos,
A crise económica que padecemos, e cuxas manifestacións e consecuencias se amosan dia a dia, están a agravar aínda máis a sempre delicada situación das Facendas Locais.
A pesar de dispoñer de menos do 14% dos recursos públicos, os concellos non teñen deixado en ningún momento, durante todos estes anos, de atender as demandas que os veciños lles viñan facendo, como administración que sinten máis cercana. Seria imposible imaxinar a Galicia sen o papel vertebrador, de cohesión e de atención ós cidadans desenvolvido polos 315 concellos galegos.
Pero agora a situación se torna crítica: a diminución da actividade urbanistica en Galicia, que xa neste ano se sitúa no 35%, vai provocar que no 2008 os concellos galegos deixen de percibir, cando menos 20 millóns de euros dunha fonte de recursos que representa máis dunha quinte parte do total dos seus ingresos, diminución que, sen lugar a dubidas, será maior no vindeiro ano.
A situación non pode seguir así por moito máis tempo. A crise económica e urbanistica, unida as dificultades extraordinarias para poder acceder ós créditos, situan ós concellos galegos practicamente ó borde do abismo, e comprometen moi seriamente a continuación na prestación de servizos básicos ós nosos veciños.
Debemos evitar o colapso económico dos concellos, e non debemos, dende logo, aumentar os impostos municipais, o que non faria senón aumentar aínda máis as dificultades económicas dos nosos veciños.
Nambergantes, os pasos dados polo goberno do Estado parecen indicar que a intención é exactamente a contraria: confirmando o adiantado polo Ministro Solbes, o avance dos Presupostos Xerais do Estado confirman que no ano 2009 os concellos verán diminuida a súa participación nos Ingresos do Estado (case a cuarta parte dos ingresos totais dos municipios) en non menos dun 1,5%, e que no caso dos concellos galegos poderia chegar a un 2%.
Pola súa banda, a realidade do Pacto Local asinado no 2006 amosa que o 90% dos compromisos económicos da Xunta cara os concellos están sen executar, e só o modelo de participación nos ingresos da Xunta posto en marcha baixo a Presidencia de Manuel Fraga se está a manter.
Os nosos veciños reclaman a implicación do Goberno do Estado e do da Xunta para evitar a quebra dos concellos.
Por todo isto, o Grupo Municipal Popular do concello de O Grove, presenta para a sua aprobación polo Pleno, os seguintes ACORDOS,
1º.- Esixir o compromiso do Presidente do Goberno de que aumentarán (con cifras reais e sin maquillaxes) as trasferencias económicas do Estado ós concellos, rectificando en consecuencia, de xeito inmediato, as previsións establecidas no avance dos P. G. E.
2º.- Reclamar o Goberno o comenzo inmediato das negociacións para reformar as facendas locais, vinculándoa, dacordo co compromiso adquirido polo Sr. Zapatero no seu discurso de investidura, á propia reforma do sistema xeral de financiación autonómica.
3º.- Se insta o Goberno para que a futura Lei de Bases de Réxima Local aborde definitivamente a delimitación precisa das competencias dos Concellos e Deputacións Provinciais ao obxeto de evitar a situación actual de asunción de competencias impropias.
4º.- Esixir o Goberno a creación urxente dun Consello Local de Política Financieira para tratar os temas de interese bilateral: actualización do catastro, trasferencias estatais, xestión dos convenios e cooperación administrativa.
5º.- Solicitar aos Presidentes da FEMP e da FEGAMP a celebración dunhas Asambleas Extraordinarias que reivindiquen a reforma da financiación local, a súa estabilidade orzamentaria e o saneamento das facendas locáis, de forma que os Entes Locais poidan garantir os cidadáns os servizos que necesitan en condicións de igualdade e equidade, e para acadar o peso político e institucional que corresponde aos Entes Locais como administración máis cercana.

Resultado da votación: Aprobada
Partido Popular: A Favor
Alternativa Meca: A Favor
Cuatripartito: Abstención
Cuatripartito: Abstención
No hay comentarios:
Publicar un comentario