
Miguel, concorreu ás eleccións no número oito da lista do Partido Popular. Fóra concelleiro no mandato anterior e ostentou a titularidade das concellerías de Mar e Mercados.
Durante ese tempo o Mercado de Abastos de O Grove sufriu importantes melloras ata convertelo nunha instalación modélica. Así mesmo,establecéronse as bases para o ordenamento do "mercadillo" ou venta ambulante con normas que beneficiaron a súa imaxe e o seu funcionamento. Destacar tamén durante ese período, a elaboración do Plan Estratéxico do Mercado, do cal saíron importantes conclusións que posibilitou formación para @s praceir@s ademais das melloras do inmoble referidas. A consecuencia del naceu, entre os profesionais do mercado a Asociación da Praza de Abastos.
..............
Fotografía procedente de www.todogrove.com
Dámoslle, de novo, a benvida a Miguel Devesa, os traballos da corporación, aínda que nesta ocasión nunha faceta nova, a de facer oposición
No hay comentarios:
Publicar un comentario