lunes, 3 de noviembre de 2008

Asunto, " Listas Vascas".

Fai uns días, Miguel Angel Pérez García e Alexandre Aguín Castro recibían a través dos seus letrados un auto do xulgado de 1ª instancia e instrución Nº1 de Cambados, a través do cal quedan exculpados da imputación feita no seu dia con motivo da apertura de dilixencias previas polo asunto da inscrición de diversas persoas nas listas electorais as municipais do Pais Vasco en listas do Partido Popular sen o seu consentimento.
Moito se ten escrito e moito se ten dito deste asunto dende aquela e a maioría das veces sen fundamento algún. Tan só a queixa e denuncia daqueles aos que lle foi suplantada e utilizada a súa identidade merece o noso respecto. A eles entendémolos perfectamente. Non así, a aqueles outros que utilizaron este asunto de maneira política pensando unicamente en quitarlle rendemento electoral e, de paso, eliminar a un contrincante. Referímonos, claro está ao goberno cuatripartito co alcalde á cabeza que, a pesar de saber da incosistencia das súas acusacións "puxo toda a carne no asador" utilizando tódolos medios ao seu alcance (os municipais, claro está) para tratar de inculpar a dúas persoas que, como agora queda demostrado, non tiñan nada que ver con este asunto.
Insultáronas permanentemente, inxuriáronas, fixéronlle xuízos paralelos, e acusáronas cada vez que tiveron ocasión (cando non, tamén o facían, como pasou en varios plenos). Agora que chegou a hora en que un xulgado pon as cousas no seu sitio, non teñen a decencia sequera de solicitar desculpas, de retratarse do dito, do feito. Que va!,,,,, non se lle ocorre outra cousa mellor que tirar pa diante, que impugnar. Como se nota que nono fan cos seus cartos ou cos cartos dos seus grupos políticos,,, é moi fácil facelo cos cartos de todos. Que pague o pobo, que non hai cousas en que empregar os cartiños.
Estes gobernantes que temos, que sempre están por riba do ben e do mal; eles que son quen deciden quen é o honrado ou o corrupto; que se converten en xendarmes das esencias democráticas i estiveron manipulando constantemente, levantando sospeitas sen fundamento, alimentándoas, xogando coa dignidade das persoas como si nada, non teñen ningún tipo de pudor en seguir adiante con esta farsa (cos cartiños de todos) co obxecto de manter viva unha situación que eles ven que lles interesa electoralmente.
Nótaselles demasiado que lles sentou fatal esta decisión do xulgado, i elo xa vai en contra da súa honorabilidade como persoas, do mesmo xeito que se lles está a voltar en contra, esta ultima decisión que tomaron.
Dende o Partido Popular, sentimos unha inmensa alegría polo resultado do auto e damos unha forte aperta a estes compañeiros que durante meses tiveron que soportar a crueldade deste goberno e deste alcalde que, si esa é a maneira de preocuparse dos seus veciños (como tanto mentou), mellor que nos pase o do refrán, "Virgencita, déjame como estoy".

No hay comentarios: