As críticas de Cacabelos á recente visita de Núñez Feijóo demostran, para Miguel Ángel Pérez, que o rexedor “non tolera que outros fagan o que él non é quen de facer”
O Grove, 30 de outubro de 2008.- Tralas declaracións de José Antonio Cacabelos nas que criticaba a visita realizada ao municipio polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o PP local non pode por menos que lamentar que ao alcalde lle moleste ver que este partido sí escoita e atende as queixas dos grovenses.
Na súa visita do pasado venres, Núñez Feijóo mantivo unha xuntanza cos colectivos empresariais do concello, que lle expuxeron a difícil situación que están a atravesar debido á paralización e obstaculización de importantes proxectos por parte do Goberno local e á súa falta de diálogo. Entre outros asuntos, faláronlle do ansiado porto deportivo, da desaparición do tiro ao pombiño, que consideraron incomprensible e, especialmente, do estancamento do PXOM, que todos os asistentes coincidiron en sinalar como a pedra angular pola que ten que empezar o desenvolvemento do municipio.
Así mesmo, o presidente do PP de Galicia visitou o Mercado Municipal, onde vendedores e veciños plantexáronlle as súas inquedanzas e conversou cun grupo de placeiras que mantén un conflicto coa Confraría de Pescadores por mor da vendeduría de peixe que se está a instalar na lonxa. Alberto Núñez comprometeuse con todos eles a promover desde o seu partido iniciativas dirixidas a solucionar os problemas plantexados.
INTRANSIXENCIA
Sen embargo, esta demostración de diálogo e de interese polos problemas do Grove irritou fortemente ao alcalde, a xulgar polas súas declaracións, nas que, “dando mostras da súa habitual intransixencia, utilizou todos os peiorativos que se lle ocorreron para dicir que o noso presidente só veu aquí a facer política”, apunta o portavoz local do PP, Miguel Ángel Pérez.
As críticas de Cacabelos á recente visita de Núñez Feijóo demostran, para Miguel Ángel Pérez, que o rexedor “non tolera que outros fagan o que él non é quen de facer”. O alcalde “accedeu ao seu cargo vendendo que él ía ser o paradigma do diálogo e da atención aos cidadáns e inmediatamente despois de tomar posesión demostrou que o de dialogar e escoitar non ía con él e que os problemas dos veciños non lle preocupan”.
Salienta Pérez que “un político, efectivamente, ten que facer política, e facer política é atender ás necesidades dos cidadáns”, algo que o alcalde do Grove “non ten costume de facer e por iso moléstalle que outros sí o fagan e os veciños estean satisfeitos con esa actitude”. Para o portavoz do PP resulta moi significativo que o alcalde “considere negativa esa forma de entender a política” e achaca esa opinión “á súa arrogancia e á súa intransixencia, características que sí son moi negativas para alguén que ten a responsabilidade de gobernar”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario