Miguel Ángel Pérez lémbralle a Alfredo Bea que él forma parte do Goberno local, polo que “debera actuar para lograr solucións en lugar de laiarse e botar a culpa de todo ao PP”
O Grove, 20 de outubro de 2008.- O Partido Popular do Grove amósase preocupado polo estado no que se atopa a coñecida como Casa de Don Jacobo, ben catalogado como protexido nas actuais Normas Subsidiarias do Concello, e lembra que a súa situación é outra consecuencia da paralización do PXOM.
En relación co posicionamento expresado publicamente hai uns días polo Partido Galeguista, e máis concretamente polo seu representante na Corporación, Alfredo Bea, o portavoz municipal do Partido Popular, Miguel Ángel Pérez, salienta que, se ben na súa etapa á fronte do Concello chegouse a acordos cos propietarios da devandita casa, éstes “plasmabanse na redacción do Plan Xeral, que o actual Goberno local está a atrasar deliberadamente ata o punto de que non fixeron absolutamente nada sobre él”. Para o líder do PP, “as afirmacións de Bea culpando ao noso partido de que non se tivera resolto a situación da casa de Don Jacobo só poden responder á ignorancia ou a un propósito malintencionado e calquera dos dous casos parécenos moi grave”.
Miguel Ángel Pérez lémbralle a Alfredo Bea que él forma parte do Goberno local, polo que “debera actuar para lograr solucións en lugar de laiarse e botar a culpa de todo ao PP”. Nese sentido, asegura non entender a postura do concelleiro do Partido Galeguista, xa que “estamos nun sistema político no que o Goberno ten que gobernar e a oposición facer oposición, e nestes momentos a él tócalle gobernar adoptando as decisións que correspondan neste caso e non pretender desviar o tema facendo oposición á oposición”. Doutra banda, apunta que “non imos admitir que de todo canto problema suceda neste concello se bote a culpa ao Partido Popular, porque non é certo e porque é unha práctica que demostra que o Goberno non ten solucións e a súa única actuación é botar balóns fóra, que é xustamente o contrario do que os cidadáns esperan”.
O PXOM, A PRINCIPAL NECESIDADE
Pérez insiste en que o Plan Xeral de Ordenación Municipal “é a verdadeira principal necesidade que ten o noso concello e que o señor Bea, en connivencia cos demais grupos que forman o Goberno, non o abordan por cobardía política e a pesar de ter empeñado ata a saciedade a súa palabra sobre o mesmo, demostrando o que xa todo o mundo confirma, que aquelas promesas non eran máis que un señuelo electoral e que, agora, do prometido nada de nada”.
Miguel Ángel Pérez lembra que o seu grupo municipal “aínda está á espera dunha contestación á nosa solicitude de xuntanza que lle fixemos ao alcalde hai máis dun mes para tratar sobre o PXOM”, solicitude na que “lle brindábamos de antemán o noso incondicional apoio para solucionar definitivamente este asunto”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario