jueves, 23 de octubre de 2008

O BIPARTITO REMATARÁ A LEXISLATURA SEN POÑER NO MERCADO UNHA SOA VIVENDA


- O Bipartito rematará a lexislatura sen poñer no mercado nin entregar unha soa vivenda iniciada no seu mandato.

- Teresa Táboas tense convertido na “conselleira anuncio” que, en ausencia de xestión, se dedica exclusivamente a poñer deberes aos que veñan, ata o punto que ten efectuado compromisos públicos que abranguen ata os anos 2017 e 2018, como sucede solo empresarial, logo de ter paralizado os polígonos que xa estaban en marcha.

- Como consecuencia da parálise de xestión na que está inmersa a Consellería de Vivenda, Galicia pasou de ser unha das comunidades co prezo máis baixo da vivenda no ano 2005 a situarse, tres anos despois, entre as dúas cos prezos máis elevados de España.

- Ata tal punto é así que o INE ven de certificar que Galicia foi a segunda Comunidade na que máis medrou o prezo da vivenda durante o segundo trimestre de 2008. En Vigo os prezos da vivenda medraron un 7% e na Coruña un 12% no que vai de ano; mentres, no resto de España, os prezos da vivenda comezan a baixar.

- Durante o mandato da actual conselleira de Vivenda, un mozo galego ten que dedicar un 69% máis da súa renda para adquirir unha vivenda.

- De feito, na lexislatura que agora remata, o departamento que dirixe Teresa Táboas quedou en evidencia ao demostrar que nin sequera é capaz de entregar as vivendas protexidas que recibiu xa construídas dos seus antecesores, como pode comprobarse en diferentes localidades de Galicia.

- Hai que lembrar que desde hai tres ano, en Galicia hai miles de mozos aos que a Xunta lles nega calquera tipo de axuda para adquirir unha vivenda no seu concello, despois de que o Executivo bipartito suprimise as axudas orientadas a facilitar a adquisición de vivenda libre.

No hay comentarios: