O pasado luns, o Presidente da Deputación de Pontevedra Sr. Louzán, visitou xunto co equipo técnico deste organismo a estrada provincial que une a parroquia de San Martiño coa de San Vicente para comprobar o estado das mesmas e atender unhas peticións de última hora por parte dalgúns veciños.
Puido comprobar, como as mesmas están casque a rematarse cuns niveis da acabado moi altos e logrando unha transformación absoluta do trazado con respecto da antiga estrada.
A inversión no lugar foi moi importante. En torno os seis millóns de euros, investíronse na propia obra e nas expropiacións que houbo que levar a cabo para facela posible. Ademais de renovar todo o firme da mesma, con trazados novos en moitos tramos, leváronse a cabo multitude de servizos nas zonas onde se agrupan os núcleos de poboación. Así construíronse beirarrúas (que non existían) e baixo as mesmas colocáronse importantes tramos de recollida de augas fecais e pluviais e tamén se enterraron as instalacións necesarias para soterrar gran parte do cableado de Fenosa e Telefónica. Completarase a actuación cunha boa sinalización tanto vertical como horizontal e a colocación dunhas marquesiñas nas paradas do autobús.
Destacamos que a responsabilidade de dotación dos servizos que antes mencionamos (beirarrúas, fecais, pluviais, soterramento de liñas) é responsabilidade do concello e sen embargo foron acometidos o 100% polo organismo provincial, o cál supuxo un aforro moi importante para o concello que esperamos que saiba valorar e inverta o aforrado na parroquia, en vez de quitarlle inversións como fixo, coa reforma do proxecto do campo das Lampáns

No hay comentarios:
Publicar un comentario