Alexandre Aguin salienta que a partida correspondente nos Orzamentos de 2008 non recolle os 2.000 euros máis dos que fala Antón Mascato
O Grove, 23 de setembro de 2008.- Malia as declaracións do concelleiro de Cultura, Antón Mascato, asegurando que as subvencións a asociacións correspondentes á súa área están publicadas desde a semana pasada, a realidade é que as bases das ditas subvencións non foron aínda publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Ante este feito, o responsable de Cultura do Grupo Municipal do PP, Alexandre Aguin, pregúntase se Mascato “entende por publicar oficialmente imprimir as bases nun papel e entregarllo ás asociacións”, algo que, engade, “non sería de estranar, visto o xeito chapuceiro que ten de xestionar as súas responsabilidades”.
Aguin pídelle ao concelleiro de Cultura que aclare “en qué BOP foron publicadas esas bases ou se é que se esqueceron de remitilas a esa publicación, a única que dá carácter de oficial a unha orde dese tipo”. Últimamente, engade, “está a ser habitual que o cuatripartito utilice como excusa que son os funcionarios os que se esquecen de facer as cousas”. Igualmente, pregúntalle en qué data foron aprobadas as devanditas bases pola Xunta de Goberno Local.
Doutra banda, Alexandre Aguin salienta que a partida correspondente nos Orzamentos de 2008 non recolle os 2.000 euros máis dos que fala Antón Mascato. “A partida número 451 48900, con denominación Subvencións a Asociacións Culturais só ten asignados 30.000 euros, polo que ou ben Mascato ten un documento de orzamentos distinto ao que temos os demais ou ben pretende enganar aos cidadáns por non atopar mellor excusa para a súa ineficiencia”.
O concelleiro do PP resalta que “os cidadáns do Grove merecen algunha excusa mellor que unha mentira” e lamenta “esta forma de entender a política, baseada en saltarse a lexislación segundo conveña ou interpretala libremente a favor do seu propio interese”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario