martes, 30 de septiembre de 2008

MIGUEL PÉREZ LEMBRA QUE O SEU GOBERNO ELIMINOU A PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS DE ALCOBENDAS DESPOIS DE CONFIRMAR CO SECTOR HOSTELEIRO O ESCASO INTERESE

O portavoz do PP lamenta que ao alcalde “lle moleste tanto que se poña en evidencia o seu xeito chulesco de facer as cousas, convocando o Consello doTurismo para decidir algo que él xa tiña decidido e anunciado”
“A ignorancia do alcalde lévao mesmo a presumir de que a Festa promociónase en Portugal por primeira vez, cando promocións no país veciño fixéronse unhas cantas”.

O Grove, 30 de setembro de 2008.- O portavoz do Grupo municipal do Partido Popular no Grove, Miguel Ángel Pérez, hembra que o seu Goberno eliminou no seu momento a participación do Grove nas Xornadas Gastronómicas de Alcobendas despois de confirmar co sector hosteleiro, “o principal destinatario destas accións de promoción”, o seu escaso interese.

En resposta a unhas declaracións do alcalde sobre as ditas xornadas, Pérez salienta que “non é que as perderamos, senón que decidimos, despois de contrastar as nosas impresións cos hosteleiros que aquelo non interesaban a pesar dos ingresos que reportaba”. Nese sentido, indícalle a Cacabelos que “a promoción dun concello debe ser plantexada non como un mero gasto, senón como un investimento, contemplando todo o conxunto de beneficios que pode reportar, e o económico non debe primalo todo, aínda que o alcalde non sexa quen de velo así”. Igualmente, sinala que a preocupación do rexedor por esas xornadas, “ademais de demostrar moita ignorancia sobre o tema, non debe gustar nada aos hosteleiros do noso concello, que están en contra de participar nelas, incluído o seu responsable de Turismo, o señor Olleros”.

O portavoz do PP achaca as críticas vertidas polo alcalde sobre a súa etapa á fronte do Goberno local ao enfado de Cacabelos “porque puxemos en cuestión a xestión da Festa do Marisco, e él tolera máis ben pouco as expresións que non sexan para ensalzalo”. A ese respecto, lamenta que ao alcalde “lle moleste tanto que se poña en evidencia o seu xeito chulesco de facer as cousas, convocando o Consello doTurismo para decidir algo que él xa tiña decidido e anunciado”, en relación cos nomeamentos dos centolos de ouro. Unha forma de proceder “que supón unha tomadura de pelo aos grupos da oposición e aos entes empresariais que conforman o Consello Sectorial” ante a que “supoño que non esperará que o felicitemos”.

CHAPUZA

Pérez salienta tamén que “toda a xestión deste evento está a ser unha chapuza” e pon como exemplo que a presentación se faga a quince días da súa inauguración “cando todos os axentes empresariais están convencidos, e así o decidiron hai xa anos, de que a presentación debe facerse en primavera para que teña un maior efecto e máis tempo para organizala”. Ante iso, o alcalde “o único que fai é botarlle a culpa de todo aos demais”, apunta Pérez, para quen o feito de que os seus compañeiros de goberno “saian en prensa a dicir que hai que arrimalo hombro e apoiar ao alcalde para salvar a situación este ano xa o dí todo”.

Doutra banda, Miguel Ángel Pérez subliña tamén que “a ignorancia do alcalde lévao mesmo a presumir de que a Festa promociónase en Portugal por primeira vez, cando promocións no país veciño fixéronse unhas cantas”. O lider do PP suxírelle a Cacabelos que “se asesore ben antes de falar” e que “deixe de obesionarse coas nosas queixas, que non son nosas, senón de todos os colectivos que forman o Consello Sectorial, aínda que con eles non se atreve, e se preocupe por lograr que todo saia ben nesta edición da Festa, porque todos saben, incluido él mesmo, que este ano as cousas non se fixeron ben ou, mellor dito, non se fixeron, senón que todo veu tarde, mal e arrastro”.

No hay comentarios: