MOCIÓN PARA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE AFORRO E AUSTERIDADE NO GASTO PÚBLICO, NAS CORPORACIÓNS LOCAIS.
O Grupo Municipal do Partido Popular de O Grove, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xuridico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte
Exposición de motivos.
Galicia padece unha situación de crise económica caracterizada por unha caída moi rápida do crecemento económico. En só 9 meses pasamos de crecer cerca dun 4% á practicamente a mitade: o 2,4%.
Ao frearse a actividade económica aumentan o número de despidos e diminúen as contratacións. A maior perda de benestar para as familias provén da perda dun soldo, que en ningún caso se compensa co seguro de desmprego. E nestes últimos 12 meses en Galicia o número de parados aumentouse en caseque 13.000 persoas.
Asimesmo, a calidade de vida de moitas familias galegas empeorou considerablemente nos últimos anos, debido a suba (case continua desde finais do 2005) dos tipos de interese das hipotecas, a suba dos alimentos de primeira necesidade e doutros productos básicos como a eléctricidade ou o petróleo.
Ante esta situación de crise económica, as entidades locais, como administración máis cercana o cidadán, non poden recortar os gastos sociais, pero sí poden aplicar medidas de aforro e austeridade nas partidas orzamentarias relativas aos soldos e dietas dos cargos públicos, aos gastos correntes, así como axustar e revisar a oportunidade das liñas de subvención aprobadas nestes últimos anos.
Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular de O Grove presenta para a sua aprobación polo Pleno, o seguinte

ACORDO,
Na elaboración do proxecto de Orzamentos para o exercicio de 2009 cumpliranse os seguintes criterios:
1.- Conxelación de todolos soldos dos cargos públicos, alcalde, concelleiros e asesores. Asimesmo, conxelación das retribucións en concepto de dietas e asistencia a órganos colexiados, así como das asignacións para o funcionamento dos grupos municipais.
2.- Redución dos gastos de protocolo e representación.
3.- Elaboración dun Plan de Axuste do Gasto Corrente, co obxetivo de cando menos, conxelar o importe destes capitulos e co horizonte desexable de acadar ata o 10% de aforro; para elo se fará un especial fincapé na redución dos gastos de materiais,suministros, consumibles, etc
4,- Presupostación dos ingresos baixo os criterios de máximo rigor e prudencia, realizando un seguimento constante da sua evolución ao longo do exercicio, para poder adaptar as previsións á realidade de xeito permanente. O orzamento de gastos non medrará por riba do incremento que rexistre o PIB nominal. En todo caso, calquera variación das previsións dos ingresos esixirá a inmediata adopción dos correspondentes axustes no orzamento de gastos.
5.- Revisión da necesidade e oportunidade das liñas de subvención previstas, realizando os axustes que sean viables. En ningún caso se recortarán subvencións de caracter social nin aqulas que incentiven de xeito directo a actividade económica. Nos restantes casos, conxelarase o importe das subvencións de gasto corrente ou, no seu defecto, minorarase na mesma porcentaxe na que teñan diminuido os ingresos correntes cos que estas se poidan estar financiando.
6.- Non se recurtarán, en ningún caso, as partidas orzamentarias destinadas a atender gastos sociais.
Grupo Municipal do Partido Popular
O Grove, 12 de setembro de 2008
Resultado da votación: Rexeitada
Partido Popular: A Favor
Alternativa Meca: A Favor
Cuatripartito: En contra
Cuatripartito: En contra
No hay comentarios:
Publicar un comentario