jueves, 2 de octubre de 2008

AS CRÍTICAS DO CUATRIPARTITO AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN AMOSAN A PREPOTENCIA DUN GOBERNO QUE LEVA ANO E MEDIO NINGUNEANDO Á OPOSICIÓN

Miguel Ángel Pérez salienta que a visita de Louzán a San Vicente demostra que o organismo provincial “cumpre os seus compromisos, mentres outros perden o tempo en acusacións sen fundamento”
O Grove, 1 de outubro de 2008.- As críticas vertidas polo alcalde do Grove en relación coa visita técnica realizada o pasado luns polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a San Vicente, amosan a prepotencia dun Goberno que leva ano e medio ninguneando á oposición.

O portavoz do Grupo municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, considera que o cuatripartito local “non é precisamente o máis indicado para demandar respecto institucional, cando ao longo deste mandato desprezaron as nosas ofertas de diálogo e colaboración en temas tan importantes como os orzamentos ou o PXOM, rexeitaron todas as nosas propostas para as ordenanzas municipais e outros asuntos, remitíronnos sen o tempo suficiente e marcado pola lei os temas dos plenos e só convocou a Xunta de Portavoces unha vez e para un asunto sen trascendencia”.

Miguel Ángel Pérez salienta que a visita de Louzán a San Vicente, feita a petición duns veciños para resolver pequenos detalles que darán remate á estrada, “unha importantísima obra que está xa na súa última fase”, demostra que o organismo provincial “cumpre os seus compromisos, mentres outros perden o tempo en acusacións sen fundamento”. Nese sentido, lembra que, malia que a estrada é de titularidade provincial, os servizos, tales como beirarrúas, saneamento, pluviais ou soterramento de cableado, lle corresponden ao Concello “e sen embargo, os está a executar a Deputación ao cen po cen”.

ACTITUDE CACIQUIL


Doutra banda, o portavoz do PP lembra que Rafael Louzán, quen, ante a petición veciñal, decidiu facer a visita acompañado por técnicos da Deputación aproveitando que tiña programados diversos actos na comarca, anuncio na mesma que recibiría ao alcalde do Grove “en canto fose posible, ao igual que vai recibindo aos demais alcaldes da provincia”, polo que “non se entende a reacción de Cacabelos, que non fai máis que arremeter contra ese organismo que, por certo, destina importantes investimentos ao noso concello”.

As críticas do alcalde “pretenden agochar que a verdadeira actitude caciquil é a del e o seu equipo, que non é quen de escoitar nin aos veciños nin á oposición, que nos temas importantes sempre lle tendeu a man”. Igualmente, salienta que “falando de visitas de responsables doutras institucións, o alcalde podería dirixir as súas críticas ao presidente da Xunta, aos seus conselleiros e aos responsables de varias delegacións provinciais, que visitaron O Grove durante o mandato local do PP e nunca tiveron a delicadeza de facernos partícipes”, unha realidade ante a que “nós nunca montamos berrinches como este, senón que optamos sempre por liñas de acercamento e consenso”.

No hay comentarios: