lunes, 6 de octubre de 2008

O GOBERNO DO GROVE REXEITA CONXELAR OS SEUS SOLDOS EN MEDIO DA CRISE ECONÓMICA QUE AFOGA AOS CIDADÁNS

O Partido Popular considera inexplicable que o cuatripartito votara en contra da moción destinada a adoptar medidas de austeridade, cando tanto PSOE coma BNG apoian a iniciativa noutros concellos e institucións
· Miguel Ángel Pérez salienta que os membros do Executivo local “demostran máis interese polos cartos que pola cidadanía, ante a que non só renuncian a dar exemplo nesta situación crítica, senón que ademais a agravan subindo as taxas e impostos”.

O Grove, 4 de outubro de 2008.- O Goberno local do Grove rexeitou conxelar os seus soldos en medio da crise económica que afoga aos cidadáns ao non apoiar, no Pleno extraordinario do pasado xoves, a moción presentada polo Partido Popular, que incluía outras medidas de aforro como a conxelación dos gastos de protocolo e representación, as dietas por asistencia a órganos colexiados ou as asignacións para o funcionamento dos grupos municipais.

O Partido Popular considera inexplicable que o cuatripartito votara en contra da moción destinada a adoptar medidas de austeridade, cando tanto PSOE coma BNG apoian a iniciativa noutros concellos e institucións “e mesmo fan chamamentos nese sentido” e dado que a situación actual “obriga ás institucións a dar exemplo e a controlar os gastos ao máximo”, en palabras do voceiro municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, para quen resulta “incrible” que os membros do equipo de goberno local “non sexan quen de facer o máis mínimo acto de xenerosidade”.

Miguel Ángel Pérez salienta que os membros do Executivo local “demostran máis interese polos cartos que pola cidadanía, ante a que non só renuncian a dar exemplo nesta situación crítica, senón que ademais a agravan subindo as taxas e impostos”. “Mentres outros concellos e outras administracións aproban propostas para aumentar a austeridade, o cuatripartito do Grove aumenta as cargas dos cidadáns”, apunta Pérez, quen espera que o Goberno “teña unha boa explicación para eles desta actitude”.

No hay comentarios: