lunes, 27 de octubre de 2008

Alberto Núñez Feijoo no Grove

Fotografía procedente de www.todogrove.com

O venres pasado e dentro dunha visita que o líder dos populares galegos fixo a comarca do Salnés, Alberto Nuñez Feijoo estivo no Grove, onde foi recibido por Miguel Angel Pérez mailos seus compañeiros na corporación grovense.
Foi unha visita rápida, moi informal e non falta de contido, pois departiu cos seus compañeiros e cambiou impresións con algúns representantes do tecido empresarial grovense.
Acudiron á cita, o presidente da Asociación de Hostalería, Jaime Devesa acompañado do seu vicepresidente Francisco Argibay; o secretario do Centro de Iniciativas Turísticas Jose Benavides e Manuel Ochoa; e directivos da Asociación de Comerciantes Emgrobes, como Rafael Mourelos e José Manuel Piñeiro, ademais doutros empresarios grovenses a titulo individual.
No encontro deuse un pequeno repaso a cales son as principais inquietudes destes empresarios e a situación de dificultade que estamos atravesando.
Entre os asuntos máis preocupantes, saíron a relucir temas como o porto deportivo, que a pesares das promesas feitas parece ir pa longo e a falla dun instrumento urbanístico que de saída os problemas que en canto a solo ten prantexados O Grove (á falla dun PXOM) e que este goberno decidiu durmir para moito tempo.
Saíron a relucir tamén a perda do tiro de pichón, e a nula previsión de eventos ou alternativas para romper a estacionalidade no municipio.
O encontro foi na cafetería da Estación de Autobuses e de alí partiuse a través do mercadillo cara ao mercado, onde Alberto Nuñez Feijoo saudou e departiu cos profesionais do mercado que lle expuxeron os seus problemas derivados, principalmente, da competencia desleal da Confraría de Pescadores instalando un punto de venta na Lonxa de Contratación.
Logo de saír do edificio despediuse de todos e saíu en dirección ao Concello de Meis

No hay comentarios: