PISTA POLIDEPORTIVA DE TERRA DE PORTO
O balado posto para dar seguridade na pista polideportiva de Terra de Porto estase a ver deteriorado debido ao continuado do seu uso polos cativos que alí se reúnen a diario. Este deterioro é maior na zona que rodea as porterías, quedando ocos e varillas cortantes as cales poden ademais de pinchar algún balón, mancar algún neno ou outro percance.

Polo tanto, solicito que canto antes se arranxe este valado.
LIMPEZA MONTE CENTRAL
A principios da semana pasada tiven a posibilidade de visitar varias das pistas que percorren o Monte Central da Toxa. Durante o meu percorrido puiden vivir en primeira persoa o deterioro e a falta de limpeza e adecentamento da zona.
O incrible de todo isto é que esta foi unha das bandeiras dos partidos políticos que agora están gobernando e que no momento en que se pretendía alí a ampliación do Campo de Golf da Toxa e que vista a necesidade dunha gran area de esparcemento, o noso Grupo Político, o Partido Popular, decidiu inverter alí mais de 60.000 euros.
Agora cun pouco de mimo por parte dos grupos políticos que tiñan este asunto como “unha débeda histórica dos ricos da Toxa, co pobo do Grove” e que agora están no Goberno, poderíamos desfrutar mais dela

Polo tanto, solicito o adecentamento periódico do Monte Central.
CINE O MARINO
O sábado pasado, atopámonos coa noticia, de que o concello decidira suspender toda actividade pública prevista no Cine O Marino por mor das condicións que o teito do local presentaba.
Avalado por informes técnicos (segundo a noticia) e deixando de lado outras consideracións da rumoroloxía popular que falan incluso de posibles sabotaxes aos actos a celebrar alí esta fin de semana, o que lle preocupa a este grupo municipal, como se poden imaxinar, son as condicións de seguridade do citado local para uso público.
Aínda que nunca antes tocamos este tema, (da seguridade) todo o mundo coñece cal é o noso posicionamento con respecto do aluguer deste local. Temos solicitado por escrito información sobre o mesmo, que nunca nos foi contestada, i entre a cuestións ás que faciamos referencia atopábase a non existencia dun contrato de aluguer entre as partes que garantise tódalas condicións propias dunha situación coma esta.
Pretendemos que se nos aclare cal é a situación neste momento. Existe contrato algún de aluguer deste local?, se non fose así,
¿que responsabilidades se derivarían dun accidente no lugar?
Manifestamos a nosa satisfacción por non haber sucedido nada do que nos teñamos que lamentar, pero como vai actuar o Concello no futuro?.
Pretende habilitar o local sen máis como dicía o alcalde na prensa, ou tomaranse tódalas medidas necesarias para garantir a seguridade dos posibles usuarios, incluíndo a firma dun contrato e os permisos que esixe a normativa?.

No hay comentarios:
Publicar un comentario