jueves, 23 de octubre de 2008

Centolas de Ouro

Sen máis ánimos de polemizar con respecto deste asunto que xa todo o mundo coñece e deixou ben as claras a maneiras de proceder destes "´demócratas" que nos gobernan, damos constancia de cal foi o noso proceder co proceso.
Recibimos un correo electrónico do concello onde se nos invitaba a presentar as nosas propostas para os Centolas de Ouro deste ano e o mesmo tempo unha convocatoria para a xuntanza (días despois) do Consello Sectorial do Turismo e da Festa do Marisco, onde se decidirían entre tódalas propostas existentes quen serian os galardoados. Ata o de aquí todo moi ben, senón fora porque o mesmo tempo nos medios de comunicación xa aparecía cal era a decisión do goberno cuatripartito. Unilateral e pechada. Que non se estrañen que non só partidos políticos da oposición senón tódolos entres empresariais que conforman o citado Consello puxeran o grito no ceo. E moito menos que non culpen os demais dos seus lamentables "fiascos".
Logo daquel correo electrónico, o Partido Popular de O Grove, a través de escrito con número de entrada no rexistro do concello nº 7148 de 18 de setembro; é dicir, en tempo e forma presentou a súa proposta de acordo o modelo que anos atrás había establecido no seo do propio Consello e fora aceptado por tódalas partes. Nestes momentos, nin sabemos quen decide nin a que criterios se atende.
A proposta dicía que no apartado de Medios de Comunicación, é polo magnifico traballo levado a cabo no mundo da comunicación, cunha continua presenza i ensalzamento dos valores tradicionais,culturais e sociais do Grove, dando especial protagonismo o seu entramado social solicitamos o nomeamento de todogrove.com.
No apartado de Persoas ou Entidades de O Grove, a D. Rafael Mourelos Rodiño, polo seu incesante e desinteresado traballo en todo o que supón a promoción exterior do noso concello; como impulsor dende os seus comezos da Festa do Marisco e traballador infatigable en distintas causas de índole social.
Tamén a Coral Polifónica San Martiño de O Grove, con motivo do seu corenta aniversario, pola labor desenvolvida durante todos estes anos enriquecendo de maneira notable o apartado cultural da nosa vila y acercarnos a todos o tan fermoso mundo da música coral.
No apartado de Promoción dos nosos produtos, propoñemos a D. José Limeres, propietario de dous afamados restaurantes en Madrid (Portonovo e Moraña) que traballan e promoven os produtos que os nosos mariñeiros extraen da nosa ría. Mantén dende fai moitos anos relacións comerciais ( compra de peixe e marisco) con maioristas do noso concello. Verdadeiro embaixador dos produtos e das xentes de Galicia en Madrid.

Esta foi a nosa proposta, que como é sabido non foi tida en conta en ningún dos seus termos. Igualiño que o ano pasado. Do mesmo xeito, pasoulle a outros compañeiros de consello que nin sequera tempo tiveron de facer proposta algunha. VIVAN LOS DEMÓCRATAS.

No hay comentarios: