viernes, 12 de septiembre de 2008

O PP OFRECE A SÚA INCONDICIONAL COLABORACIÓN AO GOBERNO LOCAL PARA ELABORAR O PXOM

Miguel Ángel Pérez presentou hoxe un escrito solicitando unha xuntanza co alcalde de cara a “pór fin á situación de inseguridade que no plano urbanístico padece o noso concello”

O Grove, 12 de setembro de 2008.- O Partido Popular do Grove ofrece a súa incondicional colaboración ao Goberno local do Grove para, a través dunha estratexia de traballo conxunto, elaborar o Plan Xeral de Ordenación Municipal. O portavoz do Grupo Municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, presentou hoxe na Casa Consistorial un escrito solicitando unha xuntanza co alcalde de cara a “pór fin á situación de inseguridade que no plano urbanístico padece o noso concello”.

O PP ven reclamando ao longo deste mandato a necesidade de impulsar a redacción do PXOM co fin de ordear as actuacións urbanísticas a desenvolver no municipio e rematar coas limitacións e restricións que supón que o urbanismo dependa das normas subsidiarias modificadas pola Ordeanza provisional insertada no anexo do Decreto da Consellería de Política Terrritorial 208/2002, do 20 de xuño, que establecía a súa propia vixencia ata a entrada en vigor dun novo planeamento.

Miguel Ángel Pérez salienta que as limitacións actuais para un correcto desenvolvemento urbanístico no Grove, derivadas da provisionalidade e carácter restrictivo desa normativa, “son importantes”, o que deriva en que tamén o sexa “a inseguridade para os interesados en levar a cabo ese desenvolvemento”.

RESPONSABILIDADE

Pérez lembra que o seu grupo municipal, cando ostentaba o goberno, “intentou de maneira denodada dispór dunha normativa adaptada á posterior Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia do ano 2002 e modificada a finais de 2004”, intentos que non obtiveron éxito “pola falta de colaboración dos partidos que naquel momento representaban a oposición”.
O Partido Popular entende que agora “desde a posición que ocupamos na oposición municipal, é unha das nosas responsabilidades intentar que o concello dispoña no tempo máis rápido posible dun Plan Xeral de Ordenación queresponda ás necesidades que O Grove demanda nestes momentos”, polo que, “conscientes da dificultade que entraña levalo adiante”, piden reunirse co alcalde “para tratar este asunto, facerlle saber a nosa preocupación pola situación e ofertarlle toda a nosa colaboración”

No hay comentarios: