jueves, 18 de septiembre de 2008

MIGUEL PÉREZ LÉMBRALLE A ÁLVAREZ BESADA QUE FOI O GOBERNO DO PP O QUE LEVOU A CABO AS MELLORAS MÁIS IMPORTANTES EN VIRXE DAS MAREAS


“Na nosa etapa superouse con creces o investimento do que agora presume o tenente de alcalde, despois de que o anterior goberno socialista non destinara un peso ao barrio”

O Grove, 17 de setembro de 2008.- O portavoz do Grupo municipal do Partido Popular do Grove, Miguel Ángel Pérez, quere lembrarlle ao primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vivenda e Solo, Carlos Álvarez Besada, que foi o Goberno do PP o que levou a cabo as melloras máis importantes no barrio de Virxe das Mareas. En resposta ás declaracións do dito concelleiro na presentación do proxecto de reforma e peonalización do lugar, Pérez salienta que “os feitos demostran que non foi precisamente o noso goberno o que marxinou a ninguén nin se dedicou a parchear”.

“Na nosa etapa superouse con creces o investimento do que agora presume o tenente de alcalde, despois de que o anterior goberno socialista non destinara un peso ao barrio”, subliña o portavoz popular, quen salienta o esforzo realizado nos seus mandatos, especialmente destinado á renovación dos servizos, actuacións cuxa realización “probablemente permiten agora afrontar as que o tenente de alcalde pretende”. Así, Pérez lembra obras como a colocación da nova rede de auga potable en toda a barriada, así como a de augas fecais, “que era o principal problema deste barrio”. Igualmente, instalouse a rede de recollida de pluviais, “que non existía”.

A consecuencia destas actuacións, asfaltouse todo o barrio e construíronse beirarrúas en todas as rúas e mesmo algunha das zonas foi peonalizada. Renováronse totalmente, así mesmo, os espazos públicos de ocio e desfrute dos veciños, equipouse a escola infantil “que atopáramos nun estado indecente despois do paso do anterior goberno socialista ao igual que o local social veciñal, que convertemos probablemente no mellor dos locais desas características do Grove”. Destaca tamén Pérez a recuperación de lugares como o antigo depósito, “que levaba anos en desuso e que hoxe é unha pequeña praza pública da que desfrutan todos os veciños”, e a apertura dun vial que fai o efecto de circunvalación, “impedindo que os coches teñan que transitar polo interior do barrio, recuperando ademais terreos do dominio público que estaban en mans de particulares”.

APROVEITAMENTO POLÍTICO

Estas actuacións, entre outras que se levaron a cabo, “botan abaixo as críticas gratuitas do señor Besada, que amosa con elas ou ben un descoñecemento inaceptable da realidade do concello ou ben unha obsesión por atacar a quenes traballaron por el e por aproveitar politicamente as necesidades e dereitos dun barrio, en contradición co que el mesmo dí sobre que Virxe das Mareas foi sempre un barrio utilizado a nivel político e electoral”.

O PP amosa a súa satisfacción polo proxecto, pero non entende que o Goberno local “teña tan pouco convencemento en sí mesmo que teña que recorrer sempre á crítica sen fundamento para intentar darlle valor ao pouco que fai”. Nese sentido, Miguel Pérez apunta que “toda actuación que se faga en beneficio dos cidadáns parécenos ben, pero non imos permitir esa linguaxe caciquil e mentireira utilizada por ese concelleiro, que só busca é ter o seu espazo de gloria dentro do goberno que lle asignou un soldo que posiblemente non gaña debido á súa pouca iniciativa e actividade”.

DESAFECCIÓN DE COSTAS

En canto á pretendida desafección de Costas, o Partido Popular comparte esa intención, que permitiría que os veciños do lugar “poideran mellorar as súas vivendas nun espazo que é urban”. Sen embargo, Pérez alerta de que a dita pretensión anunciada polo tenente de alcalde “choca frontalmente coas noticias que no mesmo día nos chegaron desde Madrid e desde Santiago por parte dos seus socios, os socialistas, que pretenden deixar sen propiedade a estes veciños impoñendo que todo aquelo que estea dentro do deslinde vai pasar a ser propiedade do Estado”. Noticias que fanlle sospeitar ao PP que, “como sempre, cando estes chamados políticos progresistas están diante dos veciños dín unha cousa pero despois nos despachos fan outra que, neste caso, é gravísima”.

No hay comentarios: