viernes, 19 de septiembre de 2008

O PP ESIXE AO GOBERNO DO GROVE QUE PUBLIQUE CON URXENCIA AS BASES DAS SUBVENCIÓNS DE CULTURA

Alexandre Aguin salienta que non é necesario esperar á aprobación definitiva dos Orzamentos para establecer os criterios de concesión, “e nin sequera para pagalas, xa que a partida correspondente non varía”
· O cuatripartito amosa “unha total despreocupación polas asociacións culturais, a maioría das cales estanse a quedar sen fondos para facer fronte ás débedas”.

O Grove, 19 de setembro de 2008.- O Partido Popular esixe ao Gobenro local do Grove que publique con urxencia as bases correspondentes ás subvencións de Cultura, ante a situación á que o retraso nas mesmas está a abocar á meirande parte das asociacións. O responsable de Cultura do Grupo municipal do PP, Alexandre Aguin, considera “inaceptable” a tardanza na publicación das relativas a Deportes, efectuada estes días, pero ve aínda máis grave “que non se saiba nada a estas alturas do ano das dirixidas ás actividades culturais”.
Aguin lembra que hai uns tres meses, e en resposta á solicitude deste partido para axilizar o pagamento das axudas, o concelleiro responsable da área, Antón Mascato, comprometeuse a facelas efectivas en canto estivese aprobado o Orzamento. Nese sentido, Alexandre Aguin salienta que non é necesario esperar á aprobación definitiva dos Orzamentos para establecer os criterios de concesión, “e nin sequera para pagalas, xa que a partida correspondente non varía”. Subraia o concelleiro popular que “para facer un `copia e pega´ das bases que nós tiñamos publicadas e que as asociacións consideraban boas non se pode tardar dez meses”.

DESPREOCUPACIÓN DO GOBERNO LOCAL

O responsable de Cultura do Goberno local “debera entender que as actuacións desenvolvidas no verán teñen un custo e que algún directivos tiveron que poñer os cartos do seu peto para continuar a actividade, confiando sempre en que as subvencións se fagan efectivas canto antes”.
O cuatripartito amosa “unha total despreocupación polas asociacións culturais, a maioría das cales estanse a quedar sen fondos para facer fronte ás débedas”, sinala Aguin, quen suxire que o concelleiro de Cultura “se ocupe máis das asociacións culturais deste concello, sobre todo tendo en conta que máis público congregaron foron precisamente os organizados por elas”.

No hay comentarios: