jueves, 26 de junio de 2008

Moció do Grupo Municipal Popular do 26 de xuño de 2008

AMPLIACIÓN DO NÚMERO DE HORAS DA XORNADA LABORAL APROBADA POLA UNIÓN EUROPEA.
O pasado 10 de xuño, o Consello de Ministros da Unión Europea aprobou unha nova Directiva sobre a duración da xornada laboral que modifica substancialmente a aprobada en novembro do 2003.

A nova Directiva establece que, como norma xeral, a semana de traballo da Unión Europea debe ter 48 horas como máximo. Sen embargo se permitirá, en virtude de acordos individuais entre empresario e traballador, se poida alongar a xornada i elevar o teito ata as sesenta (60) horas por semana, e ata sesenta e cinco (65) no caso das gardas médicas.

As salvagardas introducidas na nova Directiva, inclúen que a adopción deste novo teito de sesenta (60) horas obedece a necesidades de sectores minoritarios e que só se adoptará de forma voluntaria trala negociación individual entre o traballador e o empresario, acordándose por escrito, e nunca o firmar o contrato, sendo especialmente chamativo o feito de que os contratos con duración inferior a dez (10) semanas, non terán limitación horaria.

O Grupo Municipal Popular de O Grove, non está de acordo cunha medida desta natureza e rexeitamos con contundencia esta Directiva, xa que entendemos prexudica seriamente o traballador e porque entendemos que os incrementos da produtividade deben basearse na tecnoloxía, na sociedade da información, na innovación, e na I+D, e nunca basearse na sobre-explotación no traballo nin nos baixos custes laborais.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular de O Grove presenta para o seu debate e aprobación polo Pleno do Concello dos seguintes acordos,

1.- O Concello de O Grove expresa o seu rexeitamento a proposta da Directiva da Comisión Europea que pretende ampliar a xornada de traballo a 60 horas,; 65 en determinados sectores, por prexudicar seriamente os intereses sociolaborais dos traballadores.
2.- O Concello de O Grove manifesta a súa confianza en que a negociación colectiva siga a ser a vía e o eixo de xiro para acadar acordos no ámbito laboral i en particular, para establecer a xornada laboral.

3.- O Concello de O Grove insta o Goberno Central a modificar a súa tibia posición ante esta nova Directiva, e votar NO ante os futuros debates da Directiva no seo da Unión Europea e do Parlamento Europeo.

4.-. O Concello de O Grove insta a tódalas formacións políticas con representación no seo da Unión Europea e no seo do Parlamento Europeo a emprender as iniciativas oportunas para a non aprobación da nova Directiva.

No hay comentarios: