Cando transcorreron xa practicamente sete meses do presente ano, as asociacións do Grove aínda están a esperar a publicación, por parte do Concello, das bases de reparto das subvencións de Deportes e Cultura, o que supón “unha nova mostra de inoperancia e de falta de respecto aos cidadáns”, segundo salienta o concelleiro do Partido Popular Alexandre Aguín, quen considera “inadmisible que a estas alturas do ano non se teñan publicado nin se coñeza cando se pensan publicar nin se vai haber algún cambio no baremo de reparto como se lle prometeu a algunha das asociacións”. Descoñécese tamén cándo pensa o Goberno convocar ao Consello Local do Deporte ou á oposición para discutir os posibles cambios na normativa se finalmente os houbese.
Ante a ineficacia do Goberno local, o PP pedirá no Pleno do luns que se publiquen as bases de maneira urxente e se axilice a súa resolución, xa que “a incertidume á que está a someter o Goberno ás entidades deportivas e culturais da vila está a acabar coa súa paciencia”, apunta Aguin, quen subliña que “hai que ter en conta que a maior parte da actividade destas asociación desenvólvese durante a tempada estival, aproveitando que os cativos teñen máis tempo para o ocio”. Ao non coñecerse aínda o regulamento das subvencións, “os directivos, que hai que lembrar que desenvolven o seu labor desinteresadamente, non saben sequera se van poder seguir coas portas abertas ou van ter que pechar por falta de axudas”.
“Cando gobernaba o Partido Popular, a estas alturas as entidades xa tiñan recibido o cincuenta por cento do importe adxudicado, o que lles permitía organizar novas actividades”, sinala o concelleiro popular, quen engade que na etapa do seu partido á fronte do Concello, “mirábase polo ben das asociación e para facilitar o seu importante traballo, convocando, publicando e resolvendo as subvencións con axilidade para que puideran axustar o seu orzamento”.
Sen embargo, a situación é agora totalmente distinta, “cun Goberno en crise e un alcalde demasiado ocupado en que non se pelexen os seus socios, o que o leva a esquecerse da xestión e dos cidadáns dunha das vilas máis asociativas de toda a comarca”.
PROMESAS ELECTORAIS
Aguín lembra que unha das promesas electorais do Partido Socialista foi a de crear unha oficina para as entidades deportivas, que as axudaría a resolver os complexos trámites relacionados coas subvencións dos diferentes organismos públicos. Unha promesa que se converteu “nun máis dos incumprimentos deste goberno, e en concreto do seu máximo responsable, o Sr Cacabelos, ante os habitantes do Grove”, do que, engade, “esperemos que non lle boten a culpa ao departamento de persoal nin que esperen ata a época electoral para poñer en marcha unha das poucas boas ideas que tivo o Partido Socialista”.
A necesidade desa medida demostrouse co caso do clube Sentolos Rasing e o seu intento de solicitar unha axuda como a que recibía cando gobernaba o PP. “Daquela, e vendo o interese da actrividade e a súa repercusión, entre o departamento de Deportes e a propia Alcaldía se lle facían os trámites necesarios, de forma que o presidente do club só tiña que realizar o labor de organización na rúa”. De terse feito realidade a devandita promesa electoral “probablemente estaríamos agora desfrutando dun atractivo turístico e deportivo máis para esta vila e o concelleiro de Deportes non tería que abochornar ao Presidente do Club Sentolos como fixo na sesión plenaria do pasado mes”.
O Partido Popular presentará no Pleno do luns unha serie de rogos ao Alcalde dirixidos a que se publiquen de xeito urxente as bases de subvencións tanto da Concellería de Cultura como da de Deportes; que o prazo de resolución das subvencións tramitadas sexa o menor posible; e que unha vez publicado o outorgamento de subvención se transfira de forma inmediata o cincuenta por cento da mesma. Igualmente, pedirá que se cree a Oficina de Axuda a Asociacións sen Ánimo de Lucro e que esta oficina poida ser utilizada tanto por asociacións deportivas coma culturais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario