sábado, 28 de junio de 2008

Resposta á nota de subvencións para asociacións e clubs

Fredi Bea convoca con urxencia ós clubs deportivos para atallar a protesta do Partido Popular
Tan só 4 horas despois de facerse publica a nota de prensa, a Concellería de Deportes convoca por sms ós clubs.
O Partido Popular do Grove, da man do seu edil Alexandre Aguín, publicaba unha Nota de Prensa no día de onte na cal anunciaba a súa intención de solicitarlle ó Alcalde do Grove, a publicación das Bases de Subvencións Deportivas e Culturais xa que a estas alturas do ano todavia non se coñecían nin se esperaban, ademais doutras medidas como a Oficina de Axuda a Asociacións sen Animo de Lucro.

Gracias a esta denunia feita polo Partido Popular, e tan só 4 horas despois de facerse pública ante os medios, o Concelleiro de Deportes convocou por sms ós mobiles dos presidentes de algúns dos clubs deste concello, para presentarlle as Bases de Subvencións Deportivas 2008 e así saír ó paso canto antes e atallar as mais que posibles criticas que normalmente aparecen ó día seguinte.

Esta reunión entre varios dos Clubs do Grove, ainda que non todos os que están inscritos no REDIM (Rexistro de Entidades Deportivas de Interese Muncipal) sirveu tan só para o autobombo, xa que o normal é que convocase en tempo e forma unha reunión do CLD (Consello Local para o Deporte), no cal o demais de estar incluidos tódolos compoñentes do REDIM, están incluidos os representantes dos partidos políticos, con unha orde do día na que poder debatir sobre os problemas do deporte nesta vila e o seu futuro. Ademais, a esta reunión poderían asistir Clubs que en anos anteriores non puideron acceder as devanditas axudas pero que este ano si poderían cumprir os requisitos e así enterarse de primeira man o seu funcionamento como calquera outro club da vila.

En todo caso, haberá que esperar a que en próximas ocasións non faga falla que o Partido Popular lle teña que recordar da man do seu edil Alexandre Aguín, (o cal nunca estivo liberado), os traballos e deberes que debe facer o titular dunha Concellería tan importante para O Grove, como a de Deportes e menos sen un mínimo de previsión, xa que son temas básicos e necesarios para o bo funcionamento deste departamento.

Por outro lado e ó fio do anterior, non está de mais aproveitar a circunstancia do anuncio do Concelleiro de Deportes, para instar ó titular da Concellería de Cultura, Antón Mascato a que tome nota da decisión de Fredi Bea e que a súa Concellería faga público en próximas datas a convocatoria das Bases de Subvención a Entidades Culturais, as cales, a estas alturas do ano, teñen os mesmos problemas de financiación que as Entidades Deportivas.

Alexandre Aguín

No hay comentarios: