jueves, 21 de agosto de 2008

O AVE NON ESTARÁ EN 2012. NOVAS MODIFICACIÓNS DO TRAZADO

O anuncio da nova modificación do trazado Redondela-Vigo confirma as mentiras de Touriño sobre a chegada do AVE en 2012.-

- O anuncio por parte do Goberno central da modificación do trazado do AVE entre Redondela e Vigo, e o oscurantismo sobre as súas características e novos prazos, confirman as mentiras de Touriño, diante da imposibilidade material de que o tren de alta velocidade estea operativo en 2012.

- Con esta nova modificación do trazado, non só se confirman novos retrasos senón tamén a dobre moral á que nos ten acostumados o Partido Socialista de dicir unha cousa en Galicia e a súa contraria en Madrid.

- Só así se entende que os máximos responsables do bloqueo do AVE en Galicia: o señor Touriño, o señor Zapatero e a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, sexan á vez os campións dos anuncios da chegada desta obra.

- O PSOE é un partido que engana por sistema: engana coa crise económica, engana co financiamento autonómico e engana co AVE e cos seus prazos.

- O único certo, tras cinco anos de goberno socialista, é que aínda hai cero quilómetros electrificados e que, co estado actual de tramitación, preto do 80% do AVE galego aínda se atopa en fase de estudio e proxecto.

- A este ritmo o AVE do Eixo Atlántico non estará listo ata 2015, ‘como mínimo’, e o AVE de conexión coa Meseta non estará, ‘sendo optimistas’, ata 2018.

- Diante desta situación, reiterar a necesidade, ‘máis ca nunca’, da constitución, en setembro, da subcomisión de seguimento do AVE galego aprobada no Congreso.

No hay comentarios: