Touriño e Blanco xogan ás quinielas coa data das eleccións engadindo incerteza política á incerteza económica.-
- A reunión celebrada en Monte Pío entre José Blanco e Emilio Pérez Touriño para tratar o adianto electoral confirma a posición mostrada polo PPdeG.
- O PPdeG viña adiantando que a data estaba fixada, que a marcou Blanco durante o Congreso dos socialistas en Galicia, e que a elección desta implicaría un adianto electoral próximo aos nove meses. Tamén desde o PPdeG advertiuse de que a data se escollería tendo en conta as necesidades electorais do PSOE e non o benestar dos cidadáns.
- Para tratar o tema do adianto electoral o presidente non se rodeou dos membros do seu Goberno; nin sequera convidou ao cume ao seu vicepresidente. O encontro foi con José Blanco, o líder na sombra do PSOE en Galicia, quen ademais move os fíos dun presidente da Xunta que lle rende pleitesía.
- Os intereses que moverán aos socialistas á hora de fixar a data serán puramente electorais e non atendendo as necesidades dos galegos: na reunión non estaban os conselleiros que poderían explicar ao presidente como de avanzados están os proxectos nos que traballan.
- O PSOE está máis centrado en minimizar o castigo que lle infrinxirán os cidadáns nas urnas que en avanzar en políticas que poidan mellorar o benestar na Comunidade
- Con todo, o PSOE debería saber que xunto á crise, os galegos votarán -cando queira Blanco- sen esquecer tres anos de desgoberno, de malas noticias e de non avanzar no seu benestar persoal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario