Miguel Ángel Pérez pide que o Goberno “deixe de confundir á xente para tapar as súas vergoñas” e lémbralle a Besada que “non son eu quen ten que facer xestións para lograr maior representatividade do Concello”
O Grove, 24 de xullo de 2008.- A documentación ao respecto que obra na Mancomunidade do Salnés demostra que o Concello do Grove designou á organización Ecoloxistas do Salnés para a Xunta Directiva Provisional do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), feito que o Partido Popular lamentou polo que supón de desprezo aos colectivos locais e pola oposición que esta decisión atopa en sectores empresariais e sociais do municipio dada a postura contraria aos seus intereses e aos de moitos veciños que o devandito grupo ecoloxista mantivo en determinados asuntos nos que, polo contrario, apoiou ao cuatripartito.
O portavoz do grupo municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, salienta que os colectivos sociais e empresariais do Grove “xa denunciaron con anterioridade o nomeamento dese grupo ecoloxista para o GDR, aínda que a eles o Goberno non se atreveu a desdecilos nin moito menos a insultalos”. Igualmente, subliña que “os demais concellos propuxeron colectivos vencellados e representativos das súas localidades” e que “as mesas sectoriais e demais procesos de constitución son posteriores e nada teñen que ver co asunto denunciado”.
SÓ SE INFORMOU A CATRO OU CINCO COLECTIVOS
“Que llo conten, en todo caso, aos colectivos denunciantes da vergoñosa actuación, tendo en conta sobre todo que moitos deles non foron avisados da constitución deste órgano, senón que só se informou a catro ou cinco colectivos grovenses da posibilidade de solicitar formar parte da asamblea constitutiva, cando no Rexistro de Asociacións (REDIM) existen varias ducias”.
Miguel Ángel Pérez, pide que o Goberno “deixe de confundir á xente para tapar as súas vergoñas” e lémbralle a Besada que “non son eu quen ten que facer xestións para lograr maior representatividade do Concello”, en resposta ás acusacións vertidas contra este partido polo tenente de alcalde. “Ese cometido correspóndelles a él e ao alcalde, que para iso teñen o Goberno e cobran por facer, entre outras, esas xestións, iso sí, sempre coa perspectiva do que sexa mellor para O Grove”.
Pérez subliña, nese sentido, que “cecais, á vista dos feitos, mellor sería que lles encargasen eses cometidos a outras persoas que defendesen mellor os intereses deste municipio” e deixa claro que “se a representatividade do noso concello pasa por nomear a Cacabelos, que saiba que carece da nosa confianza e da dos colectivos empresariais do Grove, que xa se queixaron do seu nefasto proceder neste asunto”.
O PP lamenta esta nova demostración “do xeito de proceder de aqueles que todo o día anuncian participación e transparenza, pero que cada vez que teñen ocasión lle dan a espalda ao tecido asociativo”. Miguel Ángel Pérez resalta que, con declaracións como as feitas públicas por Besada, “confirmamos que lles molestan moito as denuncias e as críticas, pero nós segueremos a facelas malia as descalificacións e ao estilo ramplón e burdo do Goberno respostaremos sempre con alternativas e propostas”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario