O Grove, a 30 de xuño de 2008
1) O Venres da semana pasada como se dun ciberataque se tratase, o correo electrónico dos integrantes da oposición, empezou a botar fume, cando de repente empezan a chegar invitacións dende alcaldía para asistir ós actos desta fin de semana e ó do mercores que ven. Non ocorreu o mesmo para outro tipo de invitacións como a visita desta mañá de altos cargos da Xunta de Galicia ó noso concello. Dende o Partido Popular estaremos gustosos de asistir e así facer representación dos nosos votantes onde poidamos e sempre que se nos invite. polo que:
- Rogamos ó señor alcalde que en diante, non só se acorde de nós para os actos que a él lle interese e nos sorprenda a todos mais amiudo.
2) Unha vez rematado o pleno de hoxe, vanse cumprir 7 meses do 2008 e visto que os concelleiros do grupo de goberno só se acordan de facer as cousas cando llas recorda o Partido Popular, imos interesarnos unha vez mais polo funcionamento deste concello.
Tanto o regulamento das subvencións da Concellería de Cultura como as de Deportes están sen publicar. ¿para cando as pensan publicar? ¿vai haber algún cambio no baremo de reparto? ¿cando pensan convocar ó Consello Local do Deporte ou a oposición para discutir os posibles cambios na normativa?
Unha vez mais, o Alcalde do Grove, como máximo responsable do conxunto pouco uniforme de concelleiros, está demasiado ocupado en que non se pelexen os seus socios e olvídase dos habitantes dunha das vilas mais asociativas de toda a comarca; os cales necesitan as subvencións para poder sobrevivir e seguir realizando as súas actividades.
Esta incertidume está acabando coa paciencia das entidades deportivas e culturais xa que a maior parte da actividade das asociacións culturais e as deportivas desenrólanse durante a tempada estival, aproveitando que os cativos teñen moito mais tempo para adicarlle a este tipo de ocio, e os directivos, que recordemos que forman parte das asociacións por “amor al arte” non saben tan só si van poder seguir coas portas abertas ou van ter que pechar por falta de subvencións.
E que non fai falla que indique que algunha das asociacións que habitan nesta vila son de pequeno calado e polo tanto só poderían acceder a unha pequena axuda por parte do goberno local para poder realizar a súa actividade.
No fío do tema das subvencións, unha das promesas electorais do Partido Socialista, non era outra que o de crear unha oficina para as entidades deportivas, para as cales, unha vez tivesen que tramitar as subvencións nos diferentes organismos públicos, un funcionario os axudaría nesta tarefa tan complexa para alguén que simplemente non ten tempo. Ningún dos clubs do Grove, ten adxudicada dedicación exclusiva, e menos os seus directivos.
Esta é unha mais das promesas incumpridas deste goberno, e do seu Alcalde ante os habitantes do Grove. Esperemos que neste caso, non lle boten a culpa ó departamento de persoal que dirixe Xan Lamelas, nin que esperen ata a época electoral para poñer en marcha unha das poucas boas ideas que tivo o Partido Socialista.
Esta nova necesidade do departamento que dirixe Fredi Bea, veuse reforzada cando o club Sentolos Rasing intentou solicitar unha axuda como a que recibía cando Gobernaba o Partido Popular. Daquela e vendo o interese da actividade e a súa repercusión, entre o departamento de deportes e a propia alcaldía se lle facían os tramites necesarios para que esta se puidese levar a cabo, tendo o presidente deste club só realizar a laboura de organización na rúa, sen mais.
Tal vez si puxese en practica as súas promesas electorais, non tería que abochornar na sesión plenaria do pasado mes o Presidente do Club Sentolos Rasing e agora estariamos desfrutando dun atractivo turístico e deportivo mais para esta vila.
Rogos
Polo tanto o Partido Popular do Grove, roga ó Sr Alcalde o seguinte:
- Que se publiquen de maneira urxente as bases de subvencións tanto da Concellería de Cultura como a da Concellería de Deportes
- Que o prazo de resolución das subvencións tramitadas sexa o menor posible.
- Que unha vez publicado o outorgamento de subvención se transfira o 50% da mesma de forma inmediata.
- Que se cree a Oficina de Axuda a Asociacións sen Animo de Lucro.
**************************************************************
PREGUNTAS,
1) En relación co muro da vergoña que impide o libre transito por un camiño público, vimos estes días unha nota de prensa que dicía, que veciños do lugar solicitaban a apertura do mesmo; que con eles non había falado ninguén e que non entendían esta decisión.Tendo en conta, que neste mesmo foro se nos dixo todo o contrario,
- que había consenso veciñal,
- que había informes técnicos favorables i todo iso, PREGUNTAMOS, ¿COMO ESTÁ NA ACTUALIDADE ESTE TEMA ? ¿ VAISE ABRIR DE NOVO ?
2) Recordo ao sr. alcalde, que xa fai días solicitei por escrito e coa firma dun terzo da corporación un informe dos servizos xurídicos e técnicos do concello sobre este asunto. Como xa pasou o tempo necesario para entregalo e todavia non recibimos nada, PREGUNTO,
-- se teño que seguir esperando,
-- se podo vir nos próximos días a recollelo, ou
-- se teño que solicitalo por outros medios.
3) Estamos iniciando o mes de xullo e nestas datas tradicionalmente celebrábase no Grove, o TIRO DE PICHÓN, que como todos sabemos, grazas o goberno cuatripartito, FINOU.
Estes días, na rúa, ademais de nos medios de comunicación, pero sobre todo na rúa, todo o mundo do comercio, da hostalería nos recorda a desfeita que van padecer este ano pola falla do evento, que por outra banda xa dan por perdido para sempre pola falla de interese do goberno local e da Xunta de Galicia.
Como seguimos asistindo a pasividade total por parte deste goberno, e moi concretamente da Concellaría de Turismo, PREGUNTAMONOS,
-- ¿ Hai algo dos eventos ou accións substitutorias que tanto nos prometeron e dos que de momento non sabemos nada ?
-- ¿ Pódesenos informar de calquera iniciativa que esta concellaría estea preparando ?
4)Consumo de auga
Nos últimos días vimos observando como no xardíns da Fonte dos Cabaliños de Confín os aspersores están a regar as dúas da tarde, hora que non é a máis adecuada. Por outra banda, o césped dos xardíns do porto está completamente seco. Nin tanto nin tampouco.
Rogamos que se revisen todolos sistemas de riego do concello e que se programen de xeito que entren en funcionamento en horarios razonables, esto é ou á mañán cedo ou ben a tardiña.
5) Rúa Luis Seoane
As obras que se están a realizar nesta rúa estanse a convertir nun verdadeiro problema non só para os veciños que nela residen sinon tamén de mala imaxen para os nosos visitantes.
Os veciños pola molestia que lles ocasiona o pesimo estamo do pavimento e o puxeiro que se lles mete nas súas vivendas. Non é de recibo que acumule tanto retraso o asfaltado desta rúa.
Rogamos que de inmediato se proceda ó asfaltado da rúa Luis Seoane.
6) Fincas con maleza
Son numerosas as fincas que por todo o noso concello se atopan con abundante maleza, silvas e malas herbas. Estas ademáis de ser un problema de saude pública o secar co calor do lerán se converten nun máis que probable risco de incendio. No anterior goberno do Partido Popular a Concelleria de Medio Ambiente puxo en marcha un plan especifico de actuación para estes casos en función do cal se procedeu o acondicionamento de numerosas fincas neste lamentable estado. Non comprendemos a deixadez do goberno actual habida conta de que agora dispoñen dun axente da Policia Local dedicado exclusivamente as infracciós ambientais.
Rogamos se tomen todas as medidas oportunas para que os donos de ditas fincas sexan obligados a adecualas como e preceptivo.
7) Asfaltado de pistas no rural
Podese comprobar fácilmente como diversas pistas no rural polas que se sirven os nosos veciños teñen un pavimento máis que deficiente. E preciso que se proceda o seu asfaltado polo que rogamos se faga efectivo sin máis dilación. Así mesmo rogamos que se limpe e desbrozen ditas pistas, pois en algunha delas as silvas xa cruzan de lado a lado e os peóns cando ven un coche están en serio perigo de seren atropelados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario