martes, 27 de mayo de 2008

¿TEN A XUVENTUDE ALTERNATIVAS DE OCIO?


¿Qué tipo de turismo buscan os mozos e mozas de hoxe en día? ¿Qué necesitan cando saen de vacacións?

A sociedade adoita moitas veces a ter prexuízos en contra dos xóvenes, a pensar que o tempo libre do que disfrutan dedícano en exclusiva a saír de festa polas noites e a durmir ou tirarse ó sol polo día. Está claro que a calquera persoa de vinte anos lle gusta isto, pero non debe ser a única opción.
Débenlle ofertar un turismo activo con programas alternativos que atraian ós xóvenes e que sexan accesibles para calquera. Actividades para as que non necesiten dispoñer de mosto diñeiro; hai que pensar en como están os bolsillos hoxe, sobre todo da xuventude. Actividades de fin de semana, que é cando a maioría dispoñen de tempo libre. Temos que pensar en realizalas no entorno das persoas ás que van dirixidas, para que non sufran grandes desprazamentos.
Dende os propios interesados ata as máis altas estancias políticas, todos debemos darnos conta e concienciarnos de que vivimos nunha comunidade superaventaxada para este tipo de turismo. Galicia, pola súa orografía, conta con zonas de costa, de montaña e de chaira, xa non só dentro da propia comunidade senón da provincia. Contamos con longas praias, lagos, alta montaña, fragas espesas, ríos coas súas ribeiras... Esta situación privilexiada ata o de agora fomos pouca capaces de aproveitala. Vivimos nun lugar onde se poden practicar todo tipo de deportes no entorno para todo tipo de xente: rafting, puenting, paintball, senderismo con varias rutas verdes, hidrospeed, rutas a cabalo, rapell... ¿Cal é a desvantaxe? En Galicia á hora de facer actividades ó aire libre, a desvantaxe sempre é a climatoloxía que pode ser moi cambiante. Para compensala os concellos deberían habilitar pavillóns, ximnasios e outros locais para poder suplir a actividade ó aire libre cando non sexa realizable polo tempo.
Últimamente, están xurdindo en diferentes puntos de Galicia unha gran variedade de empresas que intentan potenciar este tipo de turismo. Habería que darlles un impulso publicitándoas. Como tamén se deberían apoiar a todos aqueles establecementos rurais que ofertan actividades na natureza. En definitiva, todo tipo de asociacións xuveniles, empresas, concellos e outros órganos gobernamentais, o sector turístico debería atraer a xuventude e darlle alternativas creando programas de fin de semana activo creando programas para o fin de semana saíndo dos tópicos de “copas e sol”, economizándolle os aloxamentos e aproveitando o entorno no que vivimos. Así mellorarase a calidade de vida da nosa mocidade e potenciarase un sector tan importante no século no que vivimos..

Marta Domínguez Conde

NNXX do PP do Grove

No hay comentarios: