miércoles, 28 de mayo de 2008

Bandeiras azuis

Hoxe mércores 28 ven de facerse público a totalidade de praias que neste verán poderán lucir o distintivo de bandeira azul como certificación da calidade de ditos areais, que outorga a Fundación Europea para a Educación Ambiental .
Dende o Partido Popular do Grove queremos expresar a nosa ledicia polo feito de que o noso concello sexa agraciada con un número de seis bandeiras azuis, o que para O Grove constitúe un feito histórico. As que xa dispoñiamos no ano anterior, Lanzada, Raeiros, Area da Cruz, Areas de Reboredo e As Pipas se ven a sumar a excelente praia de Area Grande, tamén na parroquia de S. Vicente, próxima ó lugar de Punta Carreiro, un dos entornos paisaxísticos máis fermosos de Galicia.
*Non podemos deixar de afirmar que a toda a xestión necesaria para preparar a candidatura da praia de Area Grande á concesión de tan distinguido galardón, foi unha das derradeiras accións de goberno do anterior Goberno do Partido Popular, que se veu fortalecida coa concesión da subvención anual que a Deputación de Pontevedra destina o noso e a outros concellos da provincia para a mellora dos equipamentos e infraestruturas nas praias. Foi, como veño de dicir, a disposición do anterior goberno que se fixou como obxectivo a consecución da bandeira azul para Area Grande e para elo fixo todas as xestións oportunas.Elo se enmarcaba dentro dun ambicioso plan, cuxa finalidade era incrementar ano a ano o número de galardóns para os nosos areais. Pasados oito anos de goberno popular, que recordemos, cando chegamos tan solo contábamos coa da praia da lanzada, o balance deixa neste apartado á xestión do Partido Popular nunhas excelentes marcas que son reflexo dun traballo ben feito.
*Para rematar non podemos deixar de lamentar e mesmo criticar a perda de 22 bandeiras azuis en praias e areais este ano para a nosa comunidade, o que demostra o mal traballo e a ineptitude que nesta cuestión se está a desenvolver dende a Xunta de Galicia. Non esquecemos, aparte dos imponderables valores ambientais, a repercusión positiva que no turismo de calidade supoñen a distinción das nosas praias e portos co galardón de bandeira azul. Agardemos que esta mala noticia faga que se depuren responsabilidades nos respectivos departamentos da Consellería de Medio Ambiente para que se recuperen e mesmo se incrementen o número de bandeiras azuis de cara ó próximo verán do 2009.

No hay comentarios: