jueves, 22 de mayo de 2008

Rogos e Preguntas do Grupo Municipal do Partido Popular para o Pleno do 26 de maio de 2008

O PP SOLICITARÁ AO CONCELLO DO GROVE QUE ARRANXE O FIRME DAS PISTAS RURAIS DE SAN VICENTE E QUE REPOÑA OS BOLARDOS DA RÚA JAIME SOLÁ
ROGO.-
Fai dous meses que remataron xa (en parte) as obras da rúa Luis Seoane na súa primeira fase (tramo comprendido entre o cruce de Luis Casais e Beiramar).
Dende entón falta por votar a capa de rodadura , e a zona está intransitable para os vehículos. Por si fora pouco, tamén veciños e peóns teñen alí problemas e acaban mancándose como xa coñecemos en días pasados.
Ademais diso, na confluencia desta coa rúa Beiramar, máis concretamente no entorno da Fonte dos Cabaliños mantense unha escombreira que da a benvida a todos aqueles que nos visitan, presentando unha imaxe lamentable.
¿ Para cando, ao remate destas obras e a retirada da escombreira ?
¿ Para cando o inicio da segunda fase ?
¿ Dará tempo a facelo antes do verán e non ter problemas de tráfico durante a tempada estival ?, ROGAMOS,
- O remate das obras o máis axiña posible,
- A retirada inmediata da escombreira, dun lugar tan céntrico e turístico do noso concello, e
- Un mínimo de previsión, de xeito que o inicio da segunda fase, non coincida co verán, posto que o caos circulatorio podería ser monumental.
*****************************************************************
ROGO.-
Algunhas pistas rurais da parroquia de San Vicente (A Gandariña, Campo Xaniño a Castiñeiros e Rioseco a Baladas), están presentando nalgunhas zonas un crecente deterioro no firme, que nestes momentos se poden atallar con pequenas intervencións.
Tendo en conta, o servizo que a través da Mancomunidade do Salnés se presta os concellos, co equipo de bacheo,
ROGAMOS.-
que alguén con responsabilidade no tema se de unha volta polo lugar e comprobe o seu estado, para nunha próxima visita do mencionado equipo se subsanen estes desperfectos.
****************************************************************
ROGO.-
Fai un par de meses aproximadamente, tivo lugar no noso municipio un desgraciado incendio nunha casa da rúa Jaime Solá. Como consecuencia do mesmo, tiveron que intervir os servizos de emerxencias, cuxo camión tirou varios dos bolardos que nesta rúa delimitan a zona rodada da peonil. Logo de dous meses,algúns desapareceron e outros permanecen alí tirados sen que ninguén se acordase de repoñelos, i é polo que,
ROGAMOS.-
Se preste algunha atención a este tipo de feitos, de pequenas cousas, que custan moi pouco tempo e cartos e que tódolos días nos atopamos camiñando polas rúas, dando unha sensación de desorden i abandono total. Que os responsables destes asuntos estean máis atentos.
***************************************************************
PREGUNTA.-
Como consecuencia dunhas denuncias veciñais, o Grupo Municipal Popular, fixo unha serie de preguntas a propósito da ocupación dun camiño público no lugar da Davandoira (camiño da Barrosa, en San Vicente), as cales aínda non obtivemos resposta. Como pensamos que pasou tempo suficiente, reiteramos as mesmas, solicitando o goberno información de si se dou algún dos pasos solicitados naquel momento e que prometeu o alcalde que ia iniciar.
¿ Comprobouse o feito denunciado, e iniciouse algún tipo de expediente de reposición da legalidade?.

No hay comentarios: