Cacabelos e Besada demostran cada día que o talante dos seus partidos está moi lonxe do diálogo e a participación que tanto prometeron e moi preto do totalitarismo e do ordeno e mando
O Grove, 20 de maio de 2008.- O Partido Popular do Grove apoia totalmente as reivindicacións do persoal da Escola Infantil de Rons ante as imposicións intolerantes do Goberno local como consecuencia do pretendido pase do dito centro ao Consorcio de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, o que conlevará cambios nas súas condicións laborais e mesmo a recolocación de parte dese persoal noutros departamentos.
O Portavoz do Grupo Municipal do PP, Miguel Ángel Pérez, lamenta que “por intereses partidistas e pola obsesión dos nacionalistas de controlar políticamente todo o relacionado cunha parcela tan sensible como é a do benestar social”, se chegue ao extremo de “menosprezar a uns traballadores que levan moitos anos dedicacos ao ensino, desperdiciando todo o seu caudal profesional e de coñecemento, a través do ninguneo que supón cambiar a súa categoría, con merma das súas condicións, sen que medie ningún tipo de diálogo nin de intento de acordo”.
Pérez lembra que a entrada do concello no Consorcio de Servizos Sociais aceptouse para lograr un centro de día e non contemplaba rebaixar as condicións laborais dos traballadores da gardería. “Eu mesmo, sendo alcalde, mantiven unha xuntanza co vicepresidente da Xunta para expoñerlle a necesidade que tiña O Grove dun centro de día, unha instalación moi demandada polos cidadáns, pero en ningún momento falouse de que a entrada no Consorcio conlevara cambios no modelo de xestión da escola infantil”.
TOTALITARISMO
O portavoz popular considera que “non é razoable desde ningún punto de vista a presión á que o Goberno está a someter a estes traballadores” e subliña, nese sentido, que “Cacabelos e Besada demostran cada día que o talante dos seus partidos está moi lonxe do diálogo e a participación que tanto prometeron e moi preto do totalitarismo e do ordeno e mando”. Para o PP, a negativa do alcalde e do concelleiro responsable desta área a esforzarse en buscar un acordo o unha saída negociada, “en lugar de impoñer a súa postura sen máis, que xa se ve que é a actitude que máis lles gusta” non é propia “non só duns políticos que tanto venderon o diálogo e as posturas participativas, senón de políticos que exercen en democracia”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario