martes, 8 de abril de 2008

Os socios de Goberno enfróntanse polo caso do axente electoral do PSOE


PPdeG espera que o BNG non vaia de farol ante o cambio de postura na investigación da trama descuberta no seo do bipartito, baseada nunha presunta malversación de fondos públicos por parte do PSOE.

- Primeiro decidiron que dirixise a investigación o compañeiro de escano da deputada socialista investigada; despois o Presidente da Xunta presenta as conclusións antes de que empece a propia Comisión de investigación no Parlamento; a semana pasada o PSdeG intentaba desviar a atención intentando confundir a representantes públicos con axentes electorais; e agora o BNG di que non descarta remitir á Fiscalía os resultados da comisión, mentres o PSdeG o acusa de padecer ‘nervios declarativos’.

- Diante deste panorama, só cabe dicir que, cada día que pasa, confírmase que é máis necesario chegar ao fondo deste asunto. Os galegos teñen dereito a coñecer o que en realidade pasou e a esixir que se depuren responsabilidades.

No hay comentarios: