- O PPdeG pedirá, no Parlamento, que a Xunta derrogue o decreto que regula as normas do hábitat galego nun intento de evitar os efectos negativos que terá sobre os consumidores e sobre o desemprego, que aumentou un 13% no sector da construción en Galicia no último ano.
- Un estudio elaborado polo PPdeG conclúe que as normas do hábitat, aprobadas polo Consello da Xunta do pasado 17 de xaneiro por proposta da conselleira de Vivenda, encarecerán as vivendas de nova construción nunha media de entre un 25 e un 30%, como mínimo, sobre o seu prezo orixinal.
- Tampouco se entende a prohibición de que a iluminación natural poda efectuarse a través de ventás na cuberta (tipo Velux) ou a esixencia de que as ventás teñan que situarse a unha altura de 45 centímetros sobre o chan. Tal imposición limita en exceso o deseño arquitectónico e ignora as características de gran parte das vivendas tradicionais de Galicia.
- As comunidades de propietarios tamén se verán afectadas pola nova norma, xa que condiciona o mantemento, conservación e rehabilitación dos edificios, ao impedir actuacións illadas, como un cambio de ascensor, a instalación dunha rampla para o acceso de minusválidos ou un cambio da carpintería exterior.
- O PPdeG comparte o obxectivo de mellorar as condicións de deseño, calidade e funcionalidade das novas vivendas, pero advirte que a opción elixida a través do decreto do hábitat non parece axeitada debidos aos prexuízos que vai ocasionar.
- O decreto de habitabilidade condiciona o planeamento urbanístico, polo que as normas que actualmente se atopan en fase de redacción deberán ser revisadas para procurar que se axusten ao novo decreto, o que se traducirá en paralizacións e retrasos adicionais para os concellos.
- Ao mesmo tempo, e como fase previa á aprobación definitiva dos PXOM, os concellos deberán solicitar un informe da Consellería de Vivenda que, deste xeito, trata de influír nos planeamento, a pesar de que, como advertiu o propio Consello Consultivo, carece de competencias en materia de urbanismo. O Consello Consultivo, que chegou a emitir dous ditames diferentes, conclúe que o decreto do hábitat galego é contrario ao ordenamento xurídico en vigor. Nunca, o anterior Goberno do PPdeG, aprobara norma algunha en contra do criterio do Consello Consultivo de Galicia.
- Durante o proceso de elaboración do decreto, a propia Consellería de Política Territorial chegou a remitir un informe ao Consello Consultivo no que advertía que a norma invadía competencias dese departamento autonómico. Para o PPdeG segue resultando sorprendente que medio Executivo autonómico cuestione abertamente a actuación da outra metade, pero sen embargo, apoie a aprobación desas normas no Consello da Xunta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario