sábado, 5 de abril de 2008

Solicitude de documentación


Alexandre Aguín, Concelleiro do Partido Popular no Ilmo. Concello do Grove, no seu nome e representación

EXPÓN
Que, segundo o parágrafo 1 do Artigo 14 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro que aproba o Regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e o Artigo 77 da Lei 7/1985 , de 2 de abril de Bases de Réxime Local:
Tódolos membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente da Xunta de Goberno Local cantos antecedentes, datos ou información obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función
Por todo o dito,
SOLICITA
Que se lle facilite, o máis axiña posible , a seguinte documentación:
- FOTOCOPIA DAS QUEIXAS QUE PRESENTARON OS USUARIOS DA BIBLIOTECA DENDE MAIO DE 2007 ATA A ACTUALIDADE.
Lembrándolle que, segundo o parágrafo 1 do Artigo 14 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro que aproba o Regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais
A petición de acceso ás informacións entenderase concedida por silencio administrativo en caso de que o Presidente ou a Comisión de Goberno non diten resolución ao acordo denegatorio no termo de cinco días, a contar desde a data de solicitude


O Grove, 2 de abril de 2008

Atentamente
Alexandre Aguin

SR. JOSÉ A. CACABELOS RICO, ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DO GROVE

No hay comentarios: