O noso grupo está a favor da promoción do galego, pero unha cousa é a promocion e outra moi distinta e a imposicion e a exclusión dos castelans falantes.
Cunha lectura detida deste documento que pretende converter en Ordenanza, non deixamos de quedarnos sorprendidos polas cláusulas que o Cuatripartito quere converter en Lei.
O sorprendente é, xa non que Antón Mascato non se dea conta de que está a vulnerar a liberdade dos administrados á elección da pluralidade lingüística-cultural da que podemos presumir, senón que o máis sorprendente é que o máximo responsable deste Concello, un alcalde do PSOE, lle consinta este atropelo á liberdade e aos dereitos dos cidadáns.
En primeiro lugar non sabemos se foi un error tipográfico ou queren cortar polo Bao e converter ao Grove nunca República independente, porque O Grove non ten lingua propia tal e como reza na proposta de ordeanza, en tal caso, ten dúas linguas cooficiais que son o galego e mailo castelán. E así, está recoñecido na Constitución, no Estatuto de Autonomía e na Lei das Administracións Públicas.
En segunda orde, a cidadanía ten o dereito a utilizar calquera das dúas linguas cooficiais, e unha ordenaza municipal non pode vulnerar leis de rango superior ou inclusive o Estatuto de Autonomía ou a Constitución conculcando así o principio de xerarquía normativa. E a administración ten o deber de facilitar esa libre elección sen o perxuicio de tentar fomentalo uso do galego.

- Esta ordenaza está plantexada sobre a base dunha única lingua oficial, o galego (artigo 1.1), cando esto non se corresponde coa realidade, xa que en Galicia hai unha cooficialidade do galego e do castelán (artigo 3 da Constitución, artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e artigo 4.1 e 2 da Lei de Normalización Lingüística).
- Dentro desta ordenaza hai artigos como o 2.2 (impoñendo ás empresas adxudicatarias ou concesionarias o uso do galego), o 4.2 (os contratistas e provedores terán que presentar a documentación en galego) o 7 (impoñendo o galego nas comunicacións orais ao persoal do concello) o 9.2 é un pouco disparatado a verdade, porque non nos imaxinamos un cursillo para os avogados e procuradores antes da vista para que poidan falar en galego, e non deixa de ser unha intromisión ao seu traballo, moi pouco práctica e irrisoria. O 13 (os cargos do concello nos actos públicos en Galicia só poden usar o galego) que non teñen nada que ver co fomento do uso do galego por parte da Administración Local, senón cunha imposición do mesmo
- De todos os xeitos, hai aínda outros artigos que se poden calificar como surrealistas, como o artigo 10 ou o 5.4 (unha copia dun documento do concello dirixido, por exemplo a un concello catalán ou vasco, redactarase en galego e, se fixer falta, expedirase unha copia en catalán ou en euskera, ou en castelán) ou o artigo 15.2 (fóra do ámbito lingüístico galego, a publicidade farase sempre en versión dupla: en galego e na lingua propia do territorio onde se dirixa).
- Outra contradicción manifesta é por un lado o 1.2 que garante o uso normal e oficial do galego e o castelán, e por outro, o 5.1 que di que todos os expedientes administrativos do Concello tramitaranse en lingua galega, e aínda que a persoa interesada o solicite formalmente, non se interrompera a tramitación en galego.
- En fin, a modo de colofón, se este goberno lle puxera tanta intención en protexe-los postos de traballo dos cidadáns do Grove, evitando dende un principio os problemas á realización do tiro ao pichón no Grove, ou en aproba-lo PXOM, que por certo, foi o seu lev motiv (dos 4 grupos) nas municipais, ou en cumpri-las promesas de Touriño en traela vía rápida para O Grove, e continuamos nas mesmas, ou en secuestrar monolitos nocturnos, mellor nos iría a todos. Ninguén ten que vir ao Grove a darnos lección do que é a cultura, de vir a impoñernos o uso dunha das nosas linguas nais, que xa son nosas, e non fai falla que ninguén nola veña a impoñer.
Unha sentenza do TSXG, anulou artigos da Ordenaza do Concello das Pontes, moi similar á que o Cuatripartito quere aprobar para o noso Concello , por vulnerar os dereitos dos cidadáns a coñecer e usar calquera dos nosos dous idiomas oficiais, galego ou castelán, sendo a lingua oficial a válida nas relacións entre os poderes públicos e os administrados, e tal carácter tamén o ten evidentemente o castelán, e que según as cláusulas desta Ordeanza que queren impoñernos, se podería considerar excluido. E pretendendo así mesmo impoñelo no ámbito administrativo, empresarial, xurisdiccional, asociativo, deportivo....
E en referencia ao artigo 30, non se pode lanzala pedra e agochala man, o Cuatripartito (medidas para que se cumpra a Ordeanza) debería de especificar a qué tipo de medidas se están a referir porque “este lobo pero con distinta pel” xa foi declarado nulo polo mesmo Tribunal nunha redacción similar por incompetencia dos Concellos nesta materia.

En todo o caso, o noso partido estaría a favor da verdadeira promoción do galego, facilitando aos administrados a documentación nos dous idiomas. Estaríamos a favor dunha verdadeira incentivación do uso do idioma xa que entendemos que non se pode intervir deste xeito, rexeitando totalmente a utilización da outra lingua, dentro da súa liberdade, tanto no caso das persoas individuais, como no caso das empresas, asociacións ou outras administracións. Entendemos así mesmo que a normalización linguística é unha tarefa que nos compete a tódolos cidadáns, e neste caso, a través dos seus representantes, no Concello debe de ser consensuado por tódolos grupos políticos. O idioma é un medio de comunicación coa xente, non debe de ser utilizado política ou ideolóxicamente, polo que esperamos que teñan en conta tódalas nosas alegacións, porque esta Ordeanza tal e como está plantexada é impositiva.
Asdo: Diana Otero Mascato - Concelleira do Partido Popular
Asdo: Diana Otero Mascato - Concelleira do Partido Popular
No hay comentarios:
Publicar un comentario